Fala hoxe o BNG na prensa da comarca, concretamente no Faro de Vigo, do que lamentamos non poder ofrecervos unha ligazón á nova xa que non aparece na edición dixital.
Permitireime tan só reproducir o comezo que desautoriza o resto da nota de prensa :
"El BNG de Porriño pidió ayer diligencia al Ministerio de Fomento para eliminar el paso a nivel de la localidad y afirma que nunca se elaboró una propuesta seria.”
Coido que esta é unha das maiores faltas á verdade que teño visto nos últimos tempos na vida política municipal, pois non se pode entender tal afirmación dende calquer óptica que lle queiramos poñer.
Quizáis os máis de 1800 folios entre memorias, orzamentos, declaracións de impacto ambientais e 203 planos non sexan suficientes para que o grupo de Raúl Francés os denomine proposta seria. Ou acaso a súa publicación no BOE non saiu con todo o rigor que agardaban os nacionalistas locais (quizais mudando o tipo de letra, ou a cor… prestaríalles máis, quén sabe).
Se non fose algo serio tampouco creo que merecese ser digno de protagonizar plenos, resolucións, debates e acusacións nos medios… nin sequera merecería que o propio alcalde lle enviase unha misiva a por entón Ministra de Fomento, Magdalena Álvarez ¿non?. Ou mesmo tampouco lembran un informe técnico asinado polo entonces técnico Alberto Alcalde apoiando a Alternativa 1 como a proposta máis favorable para O Porriño.
Cando se presentou esa última proposta (o PP de Barros xa xestionara outra no pasado que non fructificou) pouco durou viva no pleno, axiña se defenestrou, botouse abaixo con demagoxias absurdas nun pleno de maio de 2007. Con argumentos tan consolidados coma Iso non vale, necesitamos tempo para saber o que queremos… pero iso non…. ¿Non levamos máis de 20 anos loitando por quitar o paso a nivel? ¿Cales son as outras propostas? Case ninguén dixo nada ata o de hoxe, hai quen cala por simple coherencia, e quen fala coma si moitos de nos fósemos parvos ou tivésemos memoria de peixe. Si xa tanta preocupación había no 2003, voltamos a botar abaixo propostas no 2007.. será que non hai tanta presa...
0 comentarios:
Publicar un comentario