No fondo de todo sempre están as malditas deputacións, triste pero certo. Parece que nin tan sequera os residentes do Porriño teremos o dereito de esixir que se cociñe a puñetera moción nos fogóns do propio concello.
As deputacións funcionan dun xeito predemocrático. Así temos un montón de cargos que bailan en función do que aconteza nos diferentes concellos da provincia, namentres que, se un partido é moi forte nesa provincia, existirá un eterno cazique que decide quen e cando; e que non rinde conta de ningún electorado porque a súa posición depende da fortaleza do partido na provincia a través dos comicios locais.
A finalidade das deputacións era outra. Financiadas na meirande parte polo presuposto do estado e noutra parte pola recadación que fan os concellos coa popularmente chamada "contribución urbana" (impuesto sobre los bienes inmuebles, IBI), as deputacións crearonse para correxir certos desequilibrios entre os concellos máis potentes e os máis débiles.
Un cementerio de dinosaurios ó mesmo tempo que un campo de carroña para os xoves e prometedores boitres de cada momento, eso é o que son. Que non conseguiches o bastón de mando, non pasa nada, teño un posto aquí para que vaias dando guerra namentres no chega o teu momento; diríalle Louzán a Nidia. Que hai que facer unha moción de censura no Porriño, non pasa nada, dille a Gonzalo que lle temos un postiño co que lucirse diante da súa xente, a ver se desta vez traga..., etc.
E polo medio o que perde é o cidadán, xa que para facer o mesmo ou peor servicio estás a pagar dous salarios. Por suposto que na nosa provincia teremos ducias de casos relacionados co PP porque ese é o partido que controla a deputación, pero se nos fixasemos en canqueira deputación andaluza poderíamos ver os mesmos comportamentos no seno do PSOE. E un mal endémico e caro.
O caso é que este organismo tan arcaico non resolve os problemas dos concellos pequenos, nen os dos grandes. Senón que sirven para arranxarlle o tema a máis dalgún alcalde amigo ou entorpecerlle a labor ó que no o é. Namentres, as Nidias de turno esperan o momento de darlle o relevo os señores Gonzalitos. Con perdón.

1 comentarios:
Diste en el puto clavo. Desde el PP comparto tu opinión.
Publicar un comentario