Xa o dicía o ministro de propaganda da Alemaña nazi, Goebbels, aquilo de que unha mentira repetida mil veces convírtese nunha gran verdade. Tomaron boa nota na sede da SGAE deste lema, e dende hai xa bastantes anos, coincidindo co auxe da red de redes, levan reiterando as consecuencias que a descarga ilegal de música provoca nos artistas, isto é, inmensas perdas económicas. Pois ben, nada mais lonxe da realidade, o único que prentenden con esta falaz afirmación é soster unha industria que se alimenta coma un carracho do sangue dos propios músicos.
Dicir que todo álbum de música descargado é un menos que se vende é a base coa que se quere criminalizar a boa parte da sociedade, cando realmente ós que nos gusta a música, acabamos mercando o propio compacto cando o prezo é máis acorde á realidade, e non pagando incluso o triple polo mesmo producto. Moi boa parte desas descargas por certo nunca se chegaría a mercar se houbese que pagar o que se ven pedindo por un producto cuio artista apenas recibe un 10% do total.
Un vulgar panfleto periodístico coma The Times –léxase con sorna– publicaba na súa edición dixital semanas atrás un interesante estudo económico dos últimos 5 anos da industria discográfica. Nel amósanse a evolución dos 3 pilares básicos de ingresos da industria musical.
- Venta de música gravada.
- Música en vivo (concertos).
- Recadación monetaria a partir dos dereitos de uso da música reproducida en áreas públicas.
Namentres a xente merca menos discos (o cal sona excesivamente lóxico, cada día menos persoas vense interesadas por modelos de venta e formatos físicos caducos) as afluencias ós concertos medran, chegando ó punto que en 2010 o total do recaudado en eventos puede ser maior do ingresado por ventas de discos. E considerando que a mayoría dos ingresos dos conciertos van directamente ó artista, podemos concluir que a música de ningún xeito está en perigo.
Sinxelamente a moitos multimillonarios das discográficas non lles interesa mudar o modelo establecido e susténtanse en organizacións como a SGAE, que se adica a cobrar dereitos de autor polo uso de cancións para animar alguna verbena nalgún remoto pobo, impide a difusión da cultura por medio de querelas contra representacións de ilustres obras teatrais por compañías amateur…etc etc a chupar do bote a outro lado!.
0 comentarios:
Publicar un comentario