Como xa se falou no seu momento, os concellos van a recibir unha importante cantidade de cartos procedentes do estado e co obxectivo de por en marcha iniciativas que estimulen a creación de emprego e a obra pública. Quixemos ir máis aló das directrices marcadas polo plan estipulado, quixemos preguntarvos que opinades acerca dos posibles usos dun recurso extra nas arcas municipais, considerando diferentes alternativas.
O máis salientable do noso humilde sondeo é que ó considerar a mellor alternativa, a maioría se decanta polas axudas directas ás familias e empresas. Isto representa unha postura máis progresista, máis esixente que a tradicional dedicación dos cartos á realización de obras, as cales xa poderían estar cubertas có presuposto ordinario. Agora ben, no canto de ter que elexir unha obra prioritaria non nos poñemos dacordo, non hai unha aposta maioritaria nin conservadora (por exemplo, arranxo de estradas) nin algo máis avanzada (por exemplo lanzarse a construcción dun auditorio).
Gustaríanos sinalar que tódalas alternativas contempladas son factibles baixo o presuposto de case tres millóns de Euros, ademáis a estación de autobuses non a consideramos como unha alternativa debido a que esta xa está pendente da nova estación de tren cando se faga a variante ferroviaria.
0 comentarios:
Publicar un comentario