Xa foron presentadas, nunha rolda de prensa, as principais ideas que o arquitecto Thom Mayne ten para a futura estación de ferrocaril e autobús viguesa. O máis salientable é o concepto de espazo central e de transformación na vida diaria dos vigueses a que aspira tal obra. ¿Que ten que ver isto coa nosa comarca ou máis en concreto coa vila do Porriño? Como sabedes hai dúas ansiadas obras, estratéxicas para o desenrolo do entramado urbano, estas son a conexión directa entre o centro e o núcleo de Torneiros e a eliminación do paso a nivel.
Ambalas dúas están directamente relacionadas coa salida sur do tren de alta velocidade ata Oporto. Non escribo estas liñas para pedir que se aproveite tal conexión para mover o paso a nivel pois xa foi anteproxectado no seu momento nas páxinas do BOE, o que supón ser unha obra pendente de licitación e de execución. A idea da eliminación do paso a nivel vai ligada nun mesmo proxecto (xestionado no seu momento pola agrupación socialista local) coa conexión directa con Torneiros e a construcción dunha estación de autobuses xunto a nova estación de ferrocaril.
Estes proxectos sonan a ficción, sobre todo tendo en conta como funciona o tema dos prazos e as partidas presupostarias por estes lares, sen embargo resulta indispensable que nos vaiamos facendo a idea do Porriño que nos agarda nun futuro non moi lonxano. Non queremos sumisións a un partido político ou a outro, temos que concienciarnos como pobo do que necesitamos para ser algo máis que o polígono industrial de media provincia. Debemos estar todos e todas preparados para esixir a quen se lle teña que esixir que nos tamén queremos transformar esta vila, e queremos comenzar a facelo canto antes.

0 comentarios:
Publicar un comentario