A PENEIRA DA LOURIÑAEDICION DIXITAL
Vaqueiro anuncia que Porriño disporá de case 3 millóns de euros do Plan de Reactivación da Economía para facer inversións.
O Secretario Xeral e Voceiro do PSOE de Porriño, Iván Vaqueiro anunciou hoxe que o concello do Porriño, contará con case 3 millóns de euros do recentemente aprobado Fondo de Investimento Municipal extraordinario aprobado polo Consello de Ministros, dentro do Plan de Reactivación da Economía, aprobado polo goberno de España, e que suporá en Galicia 460 millóns de euros aproximadamente, e a creación de 10.000 empregos. Estes fondos, que se asignan por número de habitantes de cada Concello, supón unha inversión de 177 euros por habitante.
Segundo os socialistas, este Fondo representa unha gran noticia para Porriño, porque supón unha importante inxección económica para o Concello, e a oportunidade de facer fronte a inversións necesarias que de outro xeito non se poderían levar a cabo.
Vaqueiro manifestou que estes Fondos Extraordinarios aprobados polo Goberno de Zapatero, deben representar unha oportunidade de dar un salto nas infrarestructuras municipais, e adiantou que no pleno da Corporación que se celebrará hoxe luns día 1 de Decembro, solicitará ó goberno local un paquete de inversións productivas para aproveitar estes fondos extraordinarios.
Comunicacións, saneamento, eficiencia enerxética, a recuperación do Faro de Budiño e novos espacios culturais e deportivos na Risca.
O PSOE solicitará que estes fondos extraordinarios sexan dirixidos a inversións productivas e a suplir as carencias que ten o municipio, entre as que destacou o saneamento e a rede de auga potable, a mellora das estradas de titularidade municipal, a aposta pola eficiencia enerxética, e a dotación de un espacio para actividades municipais, un novo Auditorio.
0 comentarios:
Publicar un comentario