Foi algo máis de un mes o que durou a actuación, o guión estaba redactado dende tempo atrás seguramente, e o final todos o coñecíamos cando se deu o primeiro paso. Todos sabíamos que Nidia finalmente acabaría alzando o bastón de mando do concello mosense. E como sempre que non o conseguen nas urnas, so poden agardar a este tipo de acontecementos para asaltar o sillón.
Alá polo 2007 cando o PP se queda a 90 votos da maioría absoluta e véndose na oposición (xa que non saben chegar ó goberno doutro xeito) comezan a dicir que a forza máis votada é a que debe gobernar… pero imos ver! ¿Quén representa maior numero de veciños? ¿4.646 votos ou 4.133? Pois iso. Dada a sua incapacidade de chegar a pactos cos partidos teñen que estar coma buitres para ver se hai algunha escisións ó longo da lexislatura no equipo de goberno.
Tras moitas semanas de sufrimento na bancada da oposición por fin puideron chegar ó goberno da man dun tránsfuga, e mediante un pleno de circo a mais non poder, e saír en furgóns da guardia civil. E digamos que esas imaxes non lle fan ben ningún á xa deteriorada opinión que o cidadán ten dos políticos. Pois deixémonos de monsergas, esa faciana tan radiante coa que se retrataba Nidia co seu bastón durante un bo rato non era unha demostración palpable que a súa preocupación real son os veciños, hai que ter máis humildade e menos afán de protagonismo, pero cando logo sabes que houbo festa rachada nun hotel vigués ata ben entrada a madrugada danche gañas de chegar o seu despacho ó luns, si e que a resaca lle permite ir, e preguntarlle si a seriedade que eles tanto prometen se basea neste tipo de espectáculos circenses.

0 comentarios:
Publicar un comentario