Despois de despilafarrar non sei cantos millóns de Euros por Galicia adiante con cartos procedentes da Unión Europea, agora esta institución ofrece a posibilidade de dotar axudas á determinados sectores afectados pola crise. Curioso, pero o plan sondeado neste blog, ofrecido polo estado español ós municipios non contempla nen a filosofía da axuda directa a empresas, nen a filosofía da promoción laboral e empresarial. Tres millóns de Euros, si señor, que se van a gastar en obras que xa deberían estar cubertas polos propios concellos, ou polas deputacións, ou pola Xunta.
A parte positiva é que son obras, e polo tanto (amores diría o refrán) crean emprego. Estou dacordo en que o sector público se poña as pilas cando hai moita xente en disposición laboral, o que é triste é que nos acordemos en tempos de crise e paro, por exemplo, que hai que destinar recursos para limpar os montes no inverno, son detalles que nos fan reflexionar acerca da necesidade dunha pequena crise para que nos volvamos centrar nas necesidades. Eu simplemente apunto: nada menos que tres millóns de Euros dotados ex profeso polo estado ós concellos que servirán para non rematar, en pleno século XXI, o saneamento das parroquias e o empichado das carreteiras que a estas nos levan. Esa é a nosa verdadeira crise, a das cousas pendentes a estas alturas da historia.

0 comentarios:
Publicar un comentario