Onde colle un, collen dous

Os que acudiron ás urnas nos comicios locais do ano pasado en Mos puideron comprobar que no número 1 da candidatura socialista figuraba o nome da (polo de agora) actual alcaldesa, pero os que votaron a esta formación para dirixir o consistorio mosense os vindeiros 4 anos non sabían que non sería ela quen gobernase, tampouco os que ían debaixo súa na lista, el nin aparecía coma suplente nela. Digamos que ela cobraría a súa adicación exclusiva con cargo ó concello, pero é un segredo a voces en Mos que quen mandaba realmente era alguén sen cargo algún pero que dende o anonimato manexaba os fíos do concello con Mª Jesús coma marioneta.

Encargouse de facer e desfacer á súa vontade, chegando a favorecer incluso situacións lonxe da lei, e a quen ousara denunciar a irregularidade, automaticamente el ou incluso a súa familia converteríase en vítima do seu poder fáctico neste concello. Esta situación privilexiada de mandar sen dar a cara debe provocar unha sensación de certa impunidade, claro está que as responsabilidades que puideran derivarse pagaríaas a inxenua alcaldesa, que era a que as permitía e firmaba, e que nunca puxo peros ós caprichos de este personaxe.

Ademais do concello tamén tiveron protagonismo no propio partido conseguindo que os socialistas de sempre de Mos, xa non estean na sede, senón nos seus traballos ou nas súas casas.

Outro dos principais prexudicados de estas andainas foi Gerardo Alonso, o que ningunearon e enganaron en non poucas ocasións. E de aqueles polvos estes lamazais… un concelleiro que acabou pasándose á oposición farto do paripé, do engano e dos contos de estes dous.

Agora Chus vai facendo mitins polas parroquias, non sei se pedíndolle ó santo de turno unha milagre ou pregoando a apocalipse e xurando en arameo contra o díscolo concelleiro. Tamén irá dicindo que el foi o que está enganando ós votantes de Mos, que pediron un goberno progresista. Pero a primeira en enganar ós votantes foi precisamente ela, deixando o timón dun concello en alguén que nin sequera ía na lista e polo tanto non obtivo ningún voto.

O caso e que, coma ben di outro refrán, o tempo pon a cada un no seu lugar, e probablemente a partires deste venres só mandaredes nas vosas casas, como debe ser.

0 comentarios: