Sendo claros e dende unha perspectiva demócratica. Sexa o sistema electoral con listas abertas ou con listas cerradas. Un edil é, por dereito e traballo propio, dono da súa acta; pero tamén accedeu a tal posto como membro dunhas siglas. Neste blog quedou clara a nosa aposta pola independencia. Tamén pola democracia interna nos partidos, ó mesmo tempo que temos expresado as nosas reservas verbo do funcionamento do goberno socialista mosense. Aplaudimos a diverxencia, se esta parte coa conciencia tranquila. Pero o grupo popular do concello de Mos..., xa sabedes o que di o refrán, río revolto gañancia de pescadores. O PP somentes ten dúas formas de governar na meirande parte de España, ou coa maioría absoluta, ou cunha censura coma a de onte. Mal asunto. Independentemente de partidismos, de preferencias, de que che guste máis o vermello ou o azulón; ¿Alguén, no seu sano xuízo, pode negar que a nova alcaldesa Nidia Alonso vai a governar cunha parte dos votos que lexítimamente lle corresponden ó partido socialista? Non.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario