Ese podería ser unha das mellores definicións dun dos motivos do crecemento e expansión da vila da Louriña dende moitos anos atrás. Hoxe, moita xente sigue preferindo vivir aquí a costa duns prezos das vivendas máis elevados que noutras zonas peor comunicadas.
O problema xurde cando a pesares da privilexiada ubicación e ser cruce de camiños, estes non son recorridos por servizos públicos de transporte, que si ben no caso do centro de Porriño non hai demasiada queixa, nos polígonos o panorama e ben diferente.
Privilexiada ubicación
O vetusto polígono das Gándaras de Budiño medrou a beira da liña de ferrocarril que hoxe en día conecta Vigo con Ourense e por extensión co resto da península. A pesares de existir unha zona de carga e descarga para materias primas e productos rematados, non hai o menor resquicio de un apeadeiro para persoas.
Existe unha franxa duns 20 ou 30 metros entre esta liña ferroviaria e a arteria viaria A-55 entre Vigo e a fronteira portuguesa, pero que a dia de hoxe non ten unha adicación concreta, polo menos que se saiba.
Calquer persoa cun mínimo de visión podería albiscar un apeadeiro para o tren e unha parada para os autobuses de servicio público conectadas a ambos polígonos por medio dunha pasarela elevada e cunha oferta de transporte interno.
Como di David Sobral nas súas declaracións, os horarios dos turnos son ben coñecidos e sería nestas franxas temporais cando sería preciso implantar un transporte combinado que permita ós traballadores non ter que dispoñer de vehículo propio para desplazarse a traballar.
Obra mínima
A maioría de traballadores dos polígonos residen no eixo, Vigo-Porriño-Tui, que son precisamente as cidades que intercomunican estas dúas infraestructuras xa existente(sen perxuizo de ampliar os servicios cara a outros concellos da comarca). Claro é que facer un apeadeiro a beira da liña que xestiona ADIF, asociado a unha parada de autobús tería un custo irrisorio. Logo só faltaría coordinar os servicios intermodais autobús-tren para ofrecer un número de prazas axeitado ás horas punta de cambio de turno.
Señorías, déixense de AVE’s e baixen á terra, onde residen os traballadores de a pé.
0 comentarios:
Publicar un comentario