Película de terror na Louriña.


Disque a nova producción cinematográfica de Steven Spielberg vaise rodar na nosa comarca. Concretamente nas Gándaras de Budiño, as instalacións e os decorádos xa van adiantados sobre o previsto, sendo un claro exemplo de como funciona o tema cando a maioría dos cartos veñen de fora. Concretamente 300 mil dos 420 mil Euros que costa tal proxecto escenográfico. Por suposto, en Hollywood móvese moita pasta.


A posta en escena é fantástica. Un edificio de planta baixa cuberto polas silveiras, semiderruído pero coas paredes ben pintadas, coma mostra da vida que noutro tempo (antes da aparición dun estrano fenómeno) alí se tivo. Un regueiro de cristais rotos, de teitos esnaquizados os cales, ó pasar entre eles, deixan un cruxir nos pes que mete un medo no corpo inesquecible.

O estrano suceso que deixou sen vida aquel lugar é cousa do argumento, o cal anda ben gardadiño polo director do filme. Esperamos impacientemente a estrea deste espectáculo audiovisual, do cal os habitantes desta laboriosa comarca temos o pracer de vivir en primeira persoa.

0 comentarios: