A OLAF (Oficina Europea de Lucha contra el Fraude) ten traballo dabondo xa só na nosa comunidade, ducias de proxectos que contaron con euros procedentes de Europa incurriron neste tipo de fraude, porque non se pode denominar de outra forma o cobrar as subvencións sen finalizar os proxectos.
Ó final os organismos que contaron con estes subsidios terán que devolver os cartos entregados pola administración comunitaria, no caso que nos atinxe, o Centro da Interpretación da Natureza das Gándaras, en total 150.000€ que terá que devolver o Concello do Porriño, é dicir, en útima instancia os cidadáns que pagamos os nosos impostos e taxas. Ademais hai que lembrar que o concello tamén investiu nesta obra 120.000€ que agora son cascallos que constitúen a fotografía da eficacia xestora da meirande parte dos concellos. Como os cartos non son nosos, ti dalle p'adiante!. Agora co tema da crise xa xurden as primeiras queixas sobre a insostibilidade de determinadas contabilidades municipais, e con mostras coma esta, non quero nin saber o que habrá detrás de cada pequena obra.
Iso sí, Europa en breve pechará a billa das subvencións en termos xerais para Galicia, ahí si que realmente veremos como funciona isto sen un pai rico.
0 comentarios:
Publicar un comentario