Estes días fíxose efectiva a posta en escena dun rumor que xa ven circulando dende fai tempo nos rotativos deportivos. Os presidentes das federacións futbolísticas de España e Portugal, máis os delegados do goberno en materia deportiva posando con Joseph Blatter, o director da FIFA. Agora somentes faltan as formalidades e o papeleo, pero a cuestión parece tomar seriedade: a candidatura en firme para organizar o Mundial de Fútbol 2018.
A organización conxunta de eventos deportivos no mundo do futbol non é nova, xa o vimos en pasadas edicións da Eurocopa e tamén no último Mundial. A priori, este tipo de candidaturas teñen máis forza ó xuntar recursos e buscar sinerxias entre nacións vecinas, por certo, nada máis vecino que Portugal e España. Pero tamén supoñén un reto maior.
A tradición máis reseñable en eventos deportivos na península Ibérica remóntase ó ano 1982, cando se organizou en España o primeiro Mundial en contar con 24 equipos, logo verían as exitosas Olimpiadas de Barcelona en 1992 e, xa en Portugal, a Eurocopa de 2004. Vigo podería contar de novo con sede mundialista, tal e como sucedeu naquel ano 1982, aínda que non está claro pola súa cercanía con Braga e Porto.

0 comentarios:
Publicar un comentario