Carrera : Un rodador ou tan só un gregario

No Génova porriñés hai luz acesa ata ben entrada a noite, por entre os vidros pódense adiviñar siluetas de un par de homes, as hombreiras delatan o traxe seguramente impoluto. Co paso do tempo un deles acaba afrouxando o no da gravata e collendo aire mentras se apoia na mesa dirixíndose a outra sombra... Non sabemos si foi exactamente así, pero a bo seguro que hai moitas conversas, chamadas e reunións entre posibles candidatos, dirixentes alopécicos provinciais e a bo seguro que algunha chamada dende esferas autonómicas haberá tamén.


O caso, é que hai poucos días un xornalista dun coñecido diario da zona publicou unha posible volta do ex-alcalde Barros a tomar as rendas do PP local se facía falta, quitándolle asi moitos enteiros o actual xefe de filas, Manuel Carrera. O ex-ciclista parece xa canso de que non lle fagan moito caso e teña a certeira sensación de que o queiran quitar do medio para poñer a un candidato con un perfil de máis alta montaña, deixando o pobre Manuel de gregario durante esta transición local. 


¿E qué diría neste caso Don Manuel?

Neste conflito de intereses hai moitos nomes propios, ademais do alcalde da mel e o das dúas rodas, temos o avogado e díscolo Ordoñez, e o banqueiro máis influinte de Porriño e comarca Nelson Santos, pero claro, os fíos manéxanse alomenos dende a deputación, onde o bo amigo da alcaldesa de facto de Mos quere meter man, non sabemos se na mesma liña que dende Santiago ou ten as súas propias preferencias, seguro que xa a súa experiencia propiciando mocións de censura ó longo da xeografía pontevedresa será unha boa guía. Temos culebrón por diante, pero xa comeza a soar o nome de Barros Jr. como posible relevo para perpetuar a saga... ou creía Ordoñez que ía ser o único. Non oh!

Cómodamente dende o coche, o director de equipo conversa con Carrera polo pinganillo, "Manuel! tira por Barros Jr. ata á cima, alí xa che dará o relevo, a túa etapa xa está terminada".


0 comentarios: