Os concellos e a crise

Tódalas miradas nos últimos meses cando se fala da crise se orientan cara a Moncloa de xeito automático, falando de grandísimas cifras que a case ninguén lle entran na cachola ou nen sequera na súa calculadora da mesa da saliña. Case todos sabemos cántos parados hai hoxe en día, tanto en porcentaxe coma en termos absolutos. Obviamente son cifras que afectan ou engloban á realidade dos máis de 46 millóns de españois, e polo tanto a sua dimensión escápanse un pouco do cidadán de a pe. Pero se baixamos un par de escalóns e falamos dos Concellos, ¿qué é o que temos?


Os que sigan un pouco de perto a actualidade do seu consistorio, coñecerá a bo seguro que moi probablemente as contas do mesmo están cheas de números vermellos, orzamentos fora da mais mínima coherencia, algúns casos de corrupción, transfuguismo tras algúns intereses, ou cando menos un bo escurantismo na xestión municipal, e ollo que non quero concretar, todo o contrario... xeralizar.


Ata hai un ano casi calquera podería ser un alcalde magnífico, ingresando sumas inxentes por impostos sobre a construcción aproveitando o auxe do ladrillo e vivindo moi por enriba das súas posibilidades, unha actitude moito máis común do que a xente quere recoñecer (remítome os índices de aforro familiar publicados por diferentes organismos en anos pasados). E esa actitude propiciou en boa medida a actual conxunción de minicrises familiares, empresariais e dalgunhas administracións que tamén lastran os datos macro.

Coma as empresas son privadas na sua meirande parte e as familias teñen a súa liberdade de xestión referireime ó caso da administración, coa que hai que ter unha actitude moito máis esixente cos nosos politicos máis próximos, é xa non digo agora que todo o mundo parece que desenrolou unha sensibilidade moi especial cara a estes temas económicos, refírome de forma permanente, sen atender a siglas ou cores. Quizáis ademáis do Consello de Contas ao que os concellos lle remiten a informacion económico-financeira tamén deberian existir periódicamente auditorías por parte de entidades independentes que fiscalicen as contas consistoriais, e iso para mín, con tódolos respetos, é moito máis prioritario que ter un técnico en normalización liguística.

1 comentarios:

louriÑa on dijo...

Posiblemente faga falta replantear as competencias e a forma de goberno das corporacións locais. Falta preparación e sobra moito cuarto traseiro...