Non me deixa de sorprender coma en pleno século XXI seguimos tirando bombas de palenque cando da conservación dun tramo dunha estrada nacional se trata. Ben é certo que hoxe en día hai moito capital público que manter, pero tamén é certo que este foi crecendo conforme as posibilidades económicas en xeral, incluso actuou como acicate destas. Temos máis estradas que empichar pero tamén temos moitos máis recursos que antes para poder amortizalas antes de que se rompan.
Creo que hai un serio problema na xestión dos recursos públicos. Por exemplo, a reforma da Rúa Antonio Palacios no Porriño (unha obra que xa foi adelantada polo Progrelo no seu momento) está cofinanciada entre o propio concello e maila Consellería de Innovación e Industria. Xa ves, unha consellería que debería fomentar o I+D en lugar de ir poñendo beirarúas polas vilas. Son detalles que xuntos uns cós outros explican o desorden que temos nos empregos do noso gasto público. A min paréceme insólito que teñamos que ver boquetes no firme para que lle fagan un mantemento á estrada.
0 comentarios:
Publicar un comentario