Todavía non se sabe nada do resto dos fondos do plan de reactivación da economía para Mos que xa deberían estar asignados. Namentres, parece que o novo goberno da localidade está máis preocupado por sair nos xornais, ben medindo calzadas ou buscando arquetas. A última das grandes preocupacións da nova rexedora ten que ber cos límites administrativos con O Porriño. Unha grande e vella demanda veciñal, imos supoñer. A gota que colmou o vaso fora un edificio que, según Nidia cando era xefa da oposición, non podía ter licencia de construcción dada polo goberno do Porriño por estar en territorio mosense.
A min o que me resulta máis patético de todo isto, é que por unha merda de edificio nunha rotonda que, por catro metros, se encontre sobre terreo daquel ou doutro concello, se tate de malgastar o pouco tempo que resta de lexislatura. É incrible que se utilice ese argumento pseudolocalista da defensa dos intereses. De non ser polas inversións ou as xestións levadas a cabo dende o concello do Porriño (paseo polo Río Louro, circunvalacións, beirarúas, alcantarillado) pois seguramente que teríamos uns deslindes perfectamente definidos, pero terceiromundistas. Porque o único concello que mostrou algún interese en mellorar esas zonas non foi o mosense.
Eu pediría outro talante entre ámbolos concellos e maior cooperación en estratexias conxuntas. Non debemos perdernos en debates peregrinos. Estamos a falar dun territorio de 35 mil habitantes, moi dinámico industrialmente, cunhas relacións de interdependencia entre os parroquianos dun e doutro lado, que ben merece políticas moito menos rancio-populistas e máis intelixentes para facer da nosa comarca un verdadeiro lugar de benestar.
Mos pone en marcha una comisión para delimitar el territorio con Vigo y Porriño

0 comentarios:
Publicar un comentario