Tradicionalmente Xaneiro no é un bo mes no que a creación de emprego se refire. Segundo se desprende dos últimos datos do INEM podemos dicir que este mes de Xaneiro foi especialmente malo. Se atendemos ás cifras referidas a nosa comunidade, veremos coma estas sitúan en 201.316 as persoas inscritas nas listas do paro, o que supón un espectacular incremento do 25% verbo do mes de Xaneiro do pasado ano e do 6% respecto Decembro. Completando, son 78.532 os rexistrados nas oficinas do Servizo Nacional de Emprego da nosa provincia, dos cales algo máis de trinta mil corresponden a persoas da zona de influencia de Vigo. Isto quere dicir que no área metropolitana temos trinta mil persoas ou ben recibindo a prestación por desemprego, ben o subsidio, ou en condicións de poder recibilo. A maioría desepregados do automóbil e a construcción. É o que se coñece coma paro rexistrado.
Algúns analistas xa están apuntando que de seguir así o ritmo de destrucción de emprego poderían perigar as prestacións do estado, habida conta que se basan nun sistema de reparto no que son as cotizacións actuais as que sufragan as pensións presentes (salvo o subsidio, que corre a cargo de Facenda e non da Seguridade Social). Pero máis aló dos problemas de caixa para o estado, a verdadeira lectura en termos de mercado laboral terémola dentro de dous meses, cando se publique o paro estimado para Xaneiro-Marzal. A metodoloxía do Instituto Nacional de Estadística considérase máis axeitada para saber a canto ascende a verdadeira poboación que non encontra emprego nun período de tempo determinado. Namentres iremos conformandonos coa información que se desprende das oficinas do INEM, a cal non mostra datos para o optimismo.

0 comentarios:
Publicar un comentario