Dende este blog non se nos vai morder a lengua nin con vinte xornadas de reflexión, con independencia de onde proveñan as meteduras de pata que consideremos como tal. Sabemos que unha campaña electoral é un cúmulo de estratéxias, a maior parte delas demagóxicas e populistas, onde o que se pretende non é máis que mobilizar o voto. Un dos recursos máis trístemente empregados é o chamado "voto do medo", o cal alcanzou nestas eleccións cotas astronómicas. Temos un bo exemplo gráfico nalgúns valados publicitarios do PSOE que por ahí adiante se nos mostran.
Sen embargo esta vez o tema non vai cos socialistas. Permíntan que mostremos a nosa máis sinceira protesta ante a xa histórica cruzada do PP a nivel nacional por mostrase coma o partido "sano" fronte a un partido socialista corrupto e de mortos de fame. Nós consideramos que a corrupción é un feito das persoas e non dos partidos, poderíase esnaquizar aquel argumentario coas decenas e decenas de casos acaecidos no seno do Partido Popular, moitas veces cunha maior maquillaxe encubridora que no caso socialista.
Pero nesta liña da demagoxia, do medo e o xogo sucio compre salientar unha vella teima do PP galego. ¡Se gobernan estes carallos vante quitar as túas fincas e a túa casa! É incrible como se pode tomar por tontos ós votantes. Unha cousa é que o PP teña metido no corpo o complexo do cacique, do "ti fai pa diante pero xa sabes a quen tes que votar meu amigo", e outra que logo lle entren pulos para explotar electoralmente determinados argumentos. Ademais de sentírense coa impunidade que podían ter en épocas pasadas, permitíndose xa non ningunear senon insultar abertamente a un conselleiro e acusar veladamente a un candidato de temas moi serios sen proba algunha, todo isto saiu da boca dun presidente dunha deputación ó que por suposto ninguén votou.
Pero indo ó caso, o cartel do PP en Ourense ven a conto dunha lei que leva dous anos aprobada. Nin tan sequera é unha proposta do partido socialista ou do nacionalista de cara a vindeira lexislatura. Unha lei que non deu ningún problema dos que apocalípticamente tan ben se expón no carteliño. ¿A que carallo estamos xogando? Todo isto cheira a merda e da boa. O Progrelo manifesta a súa maior repulsa ante este tipo de comportamentos e o desexo de que tristemente non teñan que volver os caciques do carallo.

0 comentarios:
Publicar un comentario