Estamos asistindo a unha campaña chea de tópicos. O PSOE está explotando claramente o chamado voto do medo, facendo constantes referencias en mítines e valados publicitarios ó caziquismo da anterior etapa. Está claro que o PP gobernara en Galicia dun xeito clientelar, basando o seu esquema nas anacrónicas deputacións, e que así foi porque unha ampla maioría social o apoiou; coa ambigüedade legal que sempre levaron aparelladas esas formas de "dirección e xestión".
¿É posible que tras estes catro anos de bipartito todavía quede nese electorado certa nostalxia daqueles tempos? Porque máis aló de pavillóns, de piscinas, de AVEs, de autovías ou de servizos de calqueira tipo; eu penso que o primeiro é unha administración saneada en termos democráticos. A proba: Galicia é unha das rexións de Europa máis financiadas polos programas de cohesión económica e social da UE, sen embargo parece que o noso desenrolo segue a velocidade de tartaruga fronte outras rexións que recibiron moitos menos cartos. A razón: métodos de xestión e obxectivos pouco ortodoxos.

Esas preguntas son difíciles de responder xa que a sabendas da tolerancia que ten a sociedade galega neste tipo de xeitos de gobernar e contando a pouca credibilidade de cambio que nos mostrou o bipartito, pois calqueira que sexa o resultado electoral non valerá para sair de dúbidas. Porque ata que sexamos conscientes de que a sociedade galega no seu conxunto rexeita de plano esas formas de manexarse dende as administracións e o faga independientemente da cor política do que ten o bastón de mando, non sabremos a ciencia certa se gañando este ou aquel, por fin, unha ampla maioría desexa outra forma de gobernar o noso pequeno pero fenomenal país.
0 comentarios:
Publicar un comentario