Crise e deslocalización: demanda e custes.

Esperemos que as medidas financeiras e fiscais que se están a tomar dende o estado poidan axudar a retomar o pulo do gasto interno e, por ende, da actividade productiva. Namentres a maioría temos que asistir o sangrante espectáculo do noso mercado laboral. É lóxico, por unha banda, que se cae a demanda tamén se axuste o emprego. Pero este ritmo de axuste é moito maior que no resto de Europa.

Temos ademáis outro problema, e gordo. Este non ten que ver coa crise, coa caída da demanda e as restriccións ó crédito; aínda que se apoie nese contexto para sair a flote. Moitos empresarios están usando a excusa da crise económica con tal de levar adiante codiciososos proxectos de deslocalización parcial ou total das empresas. E isto non se vai corrixir con baixada de xuros ou de impostos, senón cun esforzo entre todos por ser máis cualilficados, innovadores e máis competitivos no futuro. Rescatei a seguinte noticia de La Voz de Galicia datada no pasado mes de Xaneiro por sintetizar du xeito excelente o feito que se trata, polo de agora esperemos que os propósitos non vaian máis aló.



La crisis golpea Vigo con la marcha de cuatro multinacionales

0 comentarios: