O Porriño segue apostando polas procesións

Sae hoxe unha nota de prensa do alcalde Raúl Francés e do concelleiro de vías e obras Pedro Pereira explicando as futuras obras que se farán coa subvención do Plan E. Xa falamos en anteriores posts da nosa postura ante estas obras, polo cal non quero reincidir niso. O que sí é salientable é que o futuro dos coches no Porriño semella ter os días contados -o de potenciar o sector da automoción non vai con nos-.

Entre as obras de saneamento, humanización, sinalización e mellora de accesibilidade atópase a dubidosa necesidade de ralentizar o xá de por sí o pouco fluido tráfico no Porriño. Segundo o goberno instalaranse badéns -imaxinamos que como os que xa hai na Avda de Galicia- nos treitos da N-120 e N-550 para garantir a seguridade dos peatóns.

O que non é de recibo é que unha vila en expansión dende hai 5 anos non abrise unha mísera rúa -ah bueno sí, esa que baixa dos Aloques á rúa Antonio Palacios- e que pechando o centro, os seguintes pasos sexan aumentar as ringleiras de carrinhas coma se vivisemos nunha permanente Semana Santa. Primeiro na humanizada Avenida de Galicia, e agora polas outras dúas arterias... Domingo Bueno (N-550) e Antonio Palacios (N-120).

En lugar de quitarnos a tódolos conductores a presunción de inocencia -e ter que deteriorar prematuramente os sistemas de amortiguación dos nosos coches- deberían penar os que incumplen as normas, para iso teñen radar...¿ou e que só o empregan para poñer multas na recta de Atios limitada dende hai non moito a 50?


¿Para cándo a rotonda do instituto?

¿E a do cruce de Manuel Rodriguez con Domingo Bueno en Atios?

¿E cando se remata o treito de beirarúa sen terminar subindo cara á Risca?

¿Cándo separamos o semáforo de Antonio Palacios da saída da rotonda que apenas hai visibilidade e polo tanto tempo de reacción?



Seguridade vial non é só facerlle chepas as estradas!


0 comentarios: