Existe na sociedade española e galega un certo pesimismo no tocante á construcción das liñas de alta velocidade. E por dous motivos distintos. O primeiro ten que ver có trapalleiros que somos facendo algunhas cousas, expropiando tarde, mal e arrastro. O segundo relacionase coa utilidade desta infraestructura. "Galiza non se vende", ese é o lema dunha plataforma creada a raiz deste tópico e tamén doutros. Consideranse determinadas inversións coma secundarias dende o punto de vista da necesidade do cidadán, sen embargo xustificados dende o enfoque do xogo e a disputa electoral.
Fálase dun tren elitista, dunha inversión cós cartos de todos para que a poidan disfrutar uns poucos executivos. É polo tanto, din eles, un navallazo máis na terra que non vai conseguir achegar os uns ós outros. "Non caerá esa breva", este podería ser o noso lema progrelista. Diferenciemos. O estado vai invertir cos nosos cartos nunha infraestructura cun determinado potencial de progreso, e somentes niso. Os servizos que se fagan xa son responsabilidade da empresa que opera sobre a vía. Teremos que esixir un servizo que conecte Galicia co norte de Portugal, coa cornisa cantábrica e coa meseta española dun xeito rápido, cómodo, seguro e barato. E isto somentes se pode conseguir invertindo nos eixos de alta velocidade ferroviaria, ainda que poidamos discrepar sobre a necesidade de tecer unha rede tan extensa en troques de priorizar facendo poucos ramais de grande calidade.
A partires do ano 2010 ábrese o mercado á competencia con RENFE no sector de pasaxeiros. Ese será o momento de por en ridículo unha política comercial desastrosa por parte da compañía pública, fruto do seu poder monopolista pero tamén da súa inoperancia. ¿Acaso credes que por en marcha un avión a Madrid ou a Barcelona ten custes menores que por en marcha calquera tipo de convoi? A diferencia reside na competencia do sector aéreo, o cal permite ter ofertas, tarifas e prezos de todo tipo. O eixo atlántico, o eixo cantábrico e maila saída con Madrid parécenme actuacións indispensables para sacar a Galicia, a lo menos, do século XIX no que a comunicacións por tren se refire. Perdemos tempo protestando agora polo que non debemos protestar.
0 comentarios:
Publicar un comentario