Es la economía, estúpido!

Agora os concellos érguense en pe de guerra contra Goliat, ese xigante chamado administración ou goberno, que por mor da crise non aflouxará tanto o bolsillo cos centos de fillos pedichóns ciscados por todo o territorio.

O caso e que son eses fillos que dependen de papá goberno os que viven ó día, no que sempre dependen da 'paga', que non aforran nin teñen sequera na maioría dos casos unhas contas mínimamente saneadas, e onde todo son números vermellos. Claro logo cando o proxenitor báixalle a paga porque a el tamén lle recortaron o soldo, patuxa no chan porque o seu pai non lle da o que lle pide.

Case ningún cidadán se preocupa do estado da xestión económico-financeira do seu consistorio, pero sí reclama que non lle recorten os servicios nunha eventual crise -como afirman que terán que facer algúns concellos.- Pero si precisamente hai un deterioro na labor das administracións locais non será por outra cousa que polo baixo perfil dos políticos que nela habitan -ou habitaron,- e na escasa esixencia da xestión seria e responsable no eido económico que provoca que ó final o que pague o pato sexa o de sempre, o cidadán que sí cumple cos seus impostos.


0 comentarios: