Hai apenas un mes que tiñamos en Vigo a Magdalena Álvarez presentando o novo material ferroviario que chegaría a Galicia nun futuro cercano. Pois ben, o día 26 de xaneiro, é dicir, hai máis de dúas semanas que entraba en funcionamento un de esas novas composicións, o TrenHotel da 7ª xeneración de Talgo -que apenas había unhas semanas que saíra da factoría- sustituía ó histórico Estrella Galicia que facía tamén o Vigo-Barcelona pero con material convencional.

Na nota do Mº de Fomento ademais dos futuribles novos automotores para servicios de Media Dístancia, recalca as vantaxes da nova conexion entre o Mediterráneo e o Atlántico que permitirá reducir en 2 horas o traxecto gracias ó aproveitamento do trazado de AV entre Zaragoza e Barcelona, xa que esta composición pode alcanzar os 220 km/h. Pois ben, 14 días despois da súa inauguración, en ningún chegou en hora á cidade olívica, e os retrasos son dignos de países do terceiro mundo, onde os viaxeiros van enriba do teito ou amarrado a calquer anaco do vagón, chegando ó record de 141 minutos -hoxe mesmo fíxoo con 2h e 7 minutos-.

En resumidas contas a única vantaxe que supuxo esta novísima composición foi a da maior comodidade e prazas pero segue tardando unhas insufribles 16 horas en cruzar o norte de España -iso sí o prezo tamén subiu-. O que eu me pregunto quen foi o espabilado que calculou a reducción de tempo, porque podo asegurar que -o contrario que co Alvia diurno a Barcelona- non houbo nin sequera unha simulación comercial do traxecto.

Por tanto só quero agradecer ós dirixentes de Renfe unha vez máis -aproveitando a sua posición monopolística- volven a demostrar a sua inoperancia e incompetencia, insultando á intelixencia humana de forma tan flagrante a diario. Iso sí, todo este material está pagado dos cartos dos contribuintes, pero explotados por esta operadora que nin sequera ten a menor visión de servicio público para o que foi concebida, precios lonxe do menor atisbo de competitividade, servicios inexistentes e que logo aproveitan para tachar de deficitarios para que a administración -os cidadáns máis ben- subvencionen ese traxecto.

Non podemos culpar só os relaxados -voume conter- directivos da compañía xa que tampouco existen medidas de presión nin de supervisión por parte do MºFomento -que só se adican a inaugurar ou presentar material- e por tanto a culpa ten que ser repartida a partes iguais.


13/01/2009 Mº Fomento
Nota de prensa (PDF)

21/01/2009 Faro de Vigo
Los precios del nuevo TH a Barcelona cuestan un 45% más desde el lunes

08/02/2009 Faro de Vigo
El nuevo TH a Barcelona acumula un retraso medio de una hora desde su estreno

0 comentarios: