Me sinto defraudado posto que pensei que algo ía cambiar no PP do Porriño. Segúndo se informa en El País e do que se fixeron eco medios de comunicacion diversos, todo apunta que en menos de dous anos de goberno de Nelson Santos no Porriño a dereita volveu a teller as súas características redes clientelares. E non falamos de pequenos favoritismos persoais, penoso vicio de fácil tentación en calqueira goberno, senón de contratos que suman centos de miles de Euros nos presupostos municipais.

Pecata minuta... Claro que todo pode deberse a unha serie de estranas coincidencias e, polo tanto, non se pode facer unha acusación tan importante coma é a de tráfico de influencias sobre o goberno do PP, que recae na figura de Nelson Santos coma máximo responsable do mesmo e sen que este se poida defender con argumentos lícitos. En todo caso a información ahí queda para xuizo dos votantes nestas eleccións municipais 2011.

A noticia aparecida en El País na edición impresa deixa poucos cabos soltos. Semella ben documentada e ben estructurada, ademáis de oportuna, publicada dous días despois do mítin central do PP no Porriño coa presenza de Núñez Feijoo. Esta loxística informativa non sucedía cando Barros, a pesar dos numerosos indicios en diversas facetas da responsabilidade municipal, e a sabendas do perfil político daqueles gobernos..., a cousa da que pensar.

O máis escandaloso da información publicada non é o feito en si. Pódense leer en negrita e baixo foto as declaracións de Jose Manuel Jacobo, segundo de abordo do grupo Ciudadanos Por Porriño (CxP) e responsable dos contratos municipais no goberno do PP unido, acerca dos reparos á situación destes contratos feitos polo interventor das contas municipais, dicindo "..., que los hubo siempre para dar y tomar".

Que debemos entender acerca do que nos propón o segundo de Nelson Santos? Que un funcionario, un técnico profesional, ó cal accedeu ó seu posto por cuestións de mérito regulado, que fai o seu traballo cuns parámetros... Non, iso non ten importancia, o carallo é que estas empresas fagan un traballo coma é debido en condicións e como dios manda. Que para iso son amigos do goberno do PP e iso ten máis valor que a superación de calqueira tipo de concurso público... En serio imos votar por un goberno que amosa esta falta de respeto pola figura do interventor e dos procedementos?

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa estades mareados, non Faro non apareceu nada ¿non si? É no PAIS que xa tumbou o defenestrado alcalde de Salceda de Caselas e agora cabalga de novo para derrotar mediáticamente ó Santos. Lamento que además non den oportunidade polo tempo para resposta. Esta información que era notoria e sabida puido darse fai un mes e que houbese tempo de explicacións a derrota sería maior se non foran quen de explicar además evitaría que moitos incautos apoiaran este goberno. O tempo está perfectamente pensado para cambiar un goberno, cheira a 11M salvando a tráxica distancia. E supoño que mañán máis ata o sábado e nin siquera creo que respeten esta xornada de reflexión.

Anónimo dijo...

Non sei coma pode haber xente que, tal e como se presentan certos acontecementos, pretendan defender o indefendible. Ti podes falar de pretensións de tumbar a quen ti queiras pero os feitos son incuestionables. Outra cousa e que ti prefirises que non se soubera nada. Pena me das, coma cidadán.