Decidín facer unha pequena análise xogando cos resultados electorais das municipais anteriores no Porriño, establecendo tres hipótesis sobre o comportamento dos apoios que obtivera Nelson Santos e aplicando a Regra D´Hont a estes.


A tese da unificación entre PP, CxP e IdeP.

A primeira conxetura consiste en supoñer que o resultado electoral para o PP será a suma dos resultados electorais que tiveron as denominadas tres forzas conservadoras ou de centro-dereita por separado. Este é o sentir xeral. É certo que ó dividir o voto de dereitas, o reparto de escanos foi menor do que sería para un PP unido, pero tamén é certo que con máis alternativas para os votantes conservadores que nunca no Porriño, a porcentaxe de votos para os partidos de esquerdas nunca estivo tan preto da dereita coma nas municipais de 2007.

De feito, se aplicamos a Regra D´Hont neste escenario o reparto de concelleiros quedaría da seguinte forma: PP (10), BNG (5) e PSOE (2). Convén apuntar que o último concelleiro en asinar o levaría o PP por moi pouco en detrimento do PSOE. Son datos moi alonxados daquelas maiorías aplastantes de Xosé Manuel Barros, con 12 concelleiros en varias lexislaturas.


Posible descontento nos votantes de Nelson Santos.

A segunda hipótese basease nunha desmovilización do electorado de CxP. O PP unido somentes lle computei a metade dos votos que obtivo tal formación fai catro anos. Namentres, a terceira hipótese ven de supoñer que a metade deses apoios que lle quito a CxP vaian a parar en partes iguais entre BNG e PSOE.

Estas hipóteses son moi reduccionistas pero teñen dúas argumentacións. A primeira delas é un posible desgaste de Nelson Santos fronte o movemento que suscitou fai catro anos, tras determinadas desavenencias internas (caso Mari Palacín) e máis os últimos acontecementos comentados neste blog a raiz da información de El País. A segunda argumentación basease nunha interpretación do perfil ideolóxico de moitos dos votantes de CxP, menos sesgado á dereita e máis sensible a cambios de papeleta.

O PSOE recuperaría aquel concelleiro fronte o PP na segunda conxetura e xa coa terceira, a maiores, o BNG gañaría un sexto facendo caer o PP ós oito concelleiros.

Así pois se temos en conta a concurrencia dun PP unido, un posible desencanto de moitos dos que apoiaron nas pasadas municipais a CxP e unha participación similar á de fai catro anos; entendo que o resultado electoral debería andar nunha maioría absoluta moi xustiña para o PP. A partir de ahí calqueira esperanza para a esquerda vería dada por un vuelco electoral propiciado polos últimos escándalos.

0 comentarios: