Agora que o mosquito que contaxia a crise foi picando moi boa parte da poboación, é ben sabido que o primeiro síntoma que agroma son as cefealeas pola falla de liquidez, e como anticorpos desenrolamos o inxenio para tratar de atopar ese financiamento extra que nos permita seguir comendo máis aló do día 15.
O insecto ese debeu aproveitar para dar unha voltiña polo val da Louriña, e claro, a ver a quen lle amarga un doce, o caso e que foi a picar -casualmente- nun coñecido empresario da construcción porriñés, que aproveitando que o Pisuerga pasa por Valladolid -ou o AVE por Porriño, que che ven sendo parecido- pediu a recalificación duns terreos no polígono das Gándaras destinados a servicios ferroviarios, nuns máis sustanciais que permitan unha maior indemnización por expropiación.
É ben sabido que o concello tamén hai tempo que está infectado de esta enfermidade económica, e coma un parásito, aprovéitase dunha situación que sabe perfectamente como rematará -xa que coñecen o trazado do futuro tramo do eixo atlántico- para aliviar a sua doenza cos cartiños que ingresará tamén pola expropiación do porcentaxe de aproveitamento que terá o propio consistorio sobre eses terreos cando Fomento queira construir o AVE.
De outro xeito non se podería entender modificar a catalogación urbanística dun terreo sobre o que se sabe que pasará unha futura infrastructura. Como xa avanzamos noutras entradas en Portugal hai franxas de un quilómetro de bloqueo namentres non se decida o futuro trazado da liña de alta velocidade, e aqui unha vez aprobado ainda se permiten facer estas chambonadas.
Oes, dalle p'adiante que a esta invita Fomento!

1 comentarios:
Joder tío, cómo te pasas co teu tío amigo.
Publicar un comentario