Catro anos, ese foi o tempo que durou o cambio en Galicia. Catro anos nos que unha parte do electorado de esquerdas non percibiu con claridade os avances do bipartito, pero si as súas complicacións. Catro anos nos que o voto de castigo a Manuel Fraga do 2005 volveu dun xeito impepinable ó PP, máquina de facer votos en Galicia, desta volta cun Nuñez Feijoo moi seguro de si mesmo durante tódala campaña.
O PP avanzou dous puntos porcentuais sobre unha participación histórica, que pasou do 64% ó 71% do censo electoral en sufraxios totais emitidos, evidenciando ó feito de que a movilización electoral sempre favorece á esquerda. E digo evidenciando que non negando porque unha análise máis pormenorizada dos datos pode reflexar un efecto estatístico debido ó menor censo electoral agora que hai catro anos (nada menos que trescentas mil persoas). Xa haberá tempo de pararse noutro momento con este aspecto porque haberá que deixar ben claro que participación non ten porque significar movilización.
Á baixada do PSOE e do BNG vai máis aló deses dous puntos porcentuais que sube o PP. Iso débese a unha maior pegada dos partidos alternativos comandados por UPyD, IU e Terra Galega. Estes "outros partidos" sobrepasan ó 4.7% dos sufraxios válidos (os emitidos menos os nulos), namentres que hai catro anos non chegaron ó umbral do 2%. Un avance significativo encontrámolo tamén nos votos en branco e nos votos nulos, sumando estes un 2.5% dos sufraxios totais emitidos, fronte a un 1.6% no ano 2005. Polo tanto hai mais proporción de xente que participou pero que non votou a ningún dos tres grandes partidos, o cal pode ser un matiz ante a evidencia mencionada no anterior párrafo.
En suma, o que vexo é o seguinte. Manteñamos a hipótese de que o pobo galego ten unha dualidade case perfecta entre esquerda e dereita. Asi pois, tivemos por unha banda unha mobilización total do electorado conservador e por outra un desgaste por parte do electorado progresista. Ese desgaste puido irse ós partidos alternativos (UPyD, IU, TEGA) ou ben á abstención. Foron moitos problemas relacionados coa gobernabilidade do bipartito, perderon moita credibilidade e moi rápidamente. Ademáis os seus logros como goberno non parecen demasiado claros. O pobo falou e censurou a labor do bipartito.

0 comentarios:
Publicar un comentario