A iniciativa do executivo comandada polo ministro de industria, Miguel Sebastián, de relanzar a o sector automobilístico mediante políticas de apoio no desenrolo de novos productos supón unha garantía para a competitividade das nosas fábricas a medio-longo prazo. Iso é bó, incluso necesario, pero non é o que necesitamos para saires da crise.
Unha crise ten que ver co curto prazo. Unha crise coma a que estamos a atravesar, onde non se vende coches, combátese estimulando precisamente iso, a demanda propiamente dita. As fórmulas son varias pero todas encamiñadas a que o consumidor obteña unha liquidez na súa conta corrente que lle permita facer o gasto corrente habitual, sen rascarse de máis os bolsillos.
Baixadas de impostos, transferencias monetarias ou créditos brandos, pero sempre dende a perspectiva do apoio ás familias, non ás empresas. Porque por muy modernizadas que se encontren estas no futuro, se non podemos consumir hoxe de nada servirán os programas de investigación e desenrolo, xa que morreremos no camiño e de fame. Polo tanto o que precisamos é menos Ministerio de Industria e máis Ministerio de Economía, e precisámolo para maiores tarefas que as futuroloxías.
0 comentarios:
Publicar un comentario