Houbo un tempo no que os veciños do Porriño estaban acostumados a facer cola no castelo de Mosende para solicitar algún favorciño. Este pobo, sempre tan agradecido, nunca deixou de ter en conta a "humanidade" do señor alcalde.
Os que non creían nesa forma de gobernar non tiñan outra que contentarse cando chegadas as eleccións, Pepe de obras e compañía supervisaban algún cambio de farolas ou algún engadido nas beirarúas do centro urbán.
Os tempos mudaron e as carambolas políticas chegaron. Xa non se puxeron catro baldosas de Terrazos Riego, senón que se abriron novos espacios para o cidadán. Xa non se formaron máis colas de pedichóns. Fixeronse cousas de maior calado cos cartos do todos e todas.
Pero o tempo seguiu pasando. Namentres, eses novos señores da carambola política (en realidade non tan novos) non souberon progresar có citado tempo. Eu digo que xa son anos no silón para ter no teu libro de feitos algo máis que beirarúas..., por moi amplas e lindas que se vexan.
0 comentarios:
Publicar un comentario