Comeza a conta atrás.

Nunca serei partidario destas operacións fabricadas entre populares enfurruñados e novos aspirantes que van cambiando de listín político ata que conseguen agarrar o bastón de mando, deputación mediante.

O certo é que O Porriño sempre foi un concello que tradicionalmente votou dereitas, así que non me queda máis que desexarlle o novo alcalde sorte e que traballe polo mellor do concello.


A dereita retoma o poder no Porriño (se fose certo que algún día o perdeu) tras máis de seis anos de goberno nacionalista. Seis anos de claroscuros nos que o concello cambiou definitivamente en moitos aspectos.

Un ano e medio por diante e moitas cousas que facer por tódolos aspirantes. De cara a esa cita electoral, somentes apuntar a demostración de forza social experimentada polo BNG nas últimas semanas. Quen o diría no Porriño fai dez anos. Miraremos dentro de ano e medio.

0 comentarios: