Moito se falou da volta ó goberno da dereita no Porriño tras máis de 6 anos na oposición, divididos e enfrontados as sucesivas escisións do PP. Os fíos provinciais fixeron que coma arte de maxia as marionetas que estaban agochadas na escuridade retomasen o protagonismo dunha función que xa non contaba con eles.
Desafiuzaron o goberno do partido mais votado e illado e tomaron as rendas dunha obra da que non sabían o guión, pero sí coñecían a un bo director que lles deu un papel ben pasado o ecuador da actuación.
Tamén son típicos os tópicos sobre os partidos de dereitas, e aínda que os anos pasan, semella que nada muda, e aínda que algúns de nos pensabamos que sería unha transición moderada cara o final da lexislatura, as pezuñas do elefante xa están a esmagar a cacharrería democrática.
Tamén son típicos os tópicos sobre os partidos de dereitas, e aínda que os anos pasan, semella que nada muda, e aínda que algúns de nos pensabamos que sería unha transición moderada cara o final da lexislatura, as pezuñas do elefante xa están a esmagar a cacharrería democrática.
Comezando polas formas de chegar ó goberno, moi típicas e habituais do partido que a promoveu, e despois unha vez no despacho da alcaldía continuaron as decisións contradictorias, notas de prensa infantis e agora por se fose pouco as sombras e a opacidade dun goberno que pretende alonxar á cidadanía da vida municipal.
Primeiro austeridade, despois de tanto despilfarro e de tanta demagoxia sobre a débeda do concello, a primeira medida promulgada polo goberno é disparar o gasto en salarios dos novos concelleiros. Iso sí, como non todo vai a ser gasto, haberá que aforrar, fora a escola de teatro, e menos trangallada carnavalesca, a reducir os orzamentos, seriedade por favor tanto disfraz tanta gaita, corbata e traxe, que os serios somos nos!. Despois para seguir dando imaxe ó mais estilo Nidia Arévalo apareceu Manuel Carrera dicindo que tódolos días vai as 7 da mañán a pasar revista os traballadores de vías e obras, e que gracias a él xa se desatascou uns desagues e amañou unhas plaquetas), facendolle competencia o famoso lema de ‘Todas las obras son amores’ dunha coñecida fachada atiense.
Por último compre destacar o oscurantismo e trabas que pretenden impoñer a vida democrática local, establecendo uns horarios para os plenos sen falar cos grupos e onde moi boa parte da poboación non poderá asistir ós mesmos, xa que os luns as 12 moitos de nos temos obrigas inexcusables (incluindo os propios concelleiros da oposicion), ainda que ó mellor é para conmemorar o famoso 1 de febreiro do presente ano.
Parece que o ‘fair play’ non forma parte da folla de ruta do conglomerado dereitil, que reeditan actitudes que xa críamos desterradas e pretenden gobernar sen luz nin taquígrafos como faría calquer grupo que non teña nada que agochar… triste, non si?
0 comentarios:
Publicar un comentario