Mostrando entradas con la etiqueta moción de censura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta moción de censura. Mostrar todas las entradas
Con 25 votos fronte a 19 a maioría dos participantes na enquisa do ano no Porriño mostran a súa postura en contra da moción de censura celebrada onte na Casa Consistorial.
Etiquetas: moción de censura, Porriño
Etiquetas: moción de censura, Porriño
Será hoxe venres, as oito da tarde coma fai unha semana. Os convocantes esperan superar o poder de convocatoria da anterior cita, xa que logo este luns faráse efectiva a moción de censura.
Quizais sexa unha oportunidade definitiva para medir a lexitimidade desta medida legal nas áreas urbanas do concello, medida tomada tralos acordos dos grupos de centro dereita no pleno e que, previsiblemente, terinará coa investidura de Nelson Santos Argibay coma novo alcalde do Porriño.
Quizais sexa unha oportunidade definitiva para medir a lexitimidade desta medida legal nas áreas urbanas do concello, medida tomada tralos acordos dos grupos de centro dereita no pleno e que, previsiblemente, terinará coa investidura de Nelson Santos Argibay coma novo alcalde do Porriño.
Etiquetas: Ciudadanos por Porriño, moción de censura
Daban as oito da tarde na Praza do Concello e as nubes concedían unha tregua, os primeiros viandantes chegaban puntuais á cita. En trinta minutos preto de trescentas cincuenta persoas conformaban á concentración. Ás nove da noite, xa con "todo o pescado vendido", as caras de satisfacción dos representantes da plataforma eran evidentes. Non foron moitos, suficientes para chamar a atención dos medios, pero si ben avenidos.
Certamente a cita levantou expectación entre os medios locais. Varios fotógrafos, un micrófono de Onda Cero, hoxe portada en La Voz de Galicia..., o tema das mocións de censura estáse a converter nun xénero propio da política galega. En breve, debido ó volume informativo que este tipo de acontecementos está a xerar, non sería extraño nun futuro atopar unha sección específica nos xornais.
A simboloxía resulta de suma importancia, sobre todo nestas cousas. Unha das pancartas exhibidas levaba as siglas do BNG, o cal pode levarnos a facer interprétacións erróneas sobre que motivos reais se ocultan detrás desta plataforma..., ou non. O certo é que xunto a Raúl Francés e outras figuras do nacionalismo local poidemos ver ó actual alcalde de Salceda, Marcos Besada, e máis o ex tenente de alcalde de Mos, Xosé Manuel Martínez Ojea. Os socialistas se mantiveron en moi segundo plano, somentes representados polos concelleiros do municipio.
A lectura dun manifesto con seis puntos críticos coa forma de levar a cabo esta moción de censura, constituiu á guinda a unha concentración que resultou un tanto fría. Efectivamente, se repartiron panfletos con consignas e tamén se escoitaron cacerolas, pero o personal non amosou moito ánimo para facer barullo. Representantes da plataforma anunciaron unha nova convocatoria para o vindeiro venres 29 ás 20:00h no mesmo lugar.
Etiquetas: BNG, moción de censura, Porriño, Raúl Francés
Como xa se reflicte en diversos medios, xurdiu unha plataforma en contra da moción de censura plantexada no Porriño e que convoca a unha manifestación hoxe venres 22, ás 20.00h na Praza Arquitecto Palacios, ás portas do Concello.
Etiquetas: moción de censura, Porriño
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


