Daban as oito da tarde na Praza do Concello e as nubes concedían unha tregua, os primeiros viandantes chegaban puntuais á cita. En trinta minutos preto de trescentas cincuenta persoas conformaban á concentración. Ás nove da noite, xa con "todo o pescado vendido", as caras de satisfacción dos representantes da plataforma eran evidentes. Non foron moitos, suficientes para chamar a atención dos medios, pero si ben avenidos.
Certamente a cita levantou expectación entre os medios locais. Varios fotógrafos, un micrófono de Onda Cero, hoxe portada en La Voz de Galicia..., o tema das mocións de censura estáse a converter nun xénero propio da política galega. En breve, debido ó volume informativo que este tipo de acontecementos está a xerar, non sería extraño nun futuro atopar unha sección específica nos xornais.
A simboloxía resulta de suma importancia, sobre todo nestas cousas. Unha das pancartas exhibidas levaba as siglas do BNG, o cal pode levarnos a facer interprétacións erróneas sobre que motivos reais se ocultan detrás desta plataforma..., ou non. O certo é que xunto a Raúl Francés e outras figuras do nacionalismo local poidemos ver ó actual alcalde de Salceda, Marcos Besada, e máis o ex tenente de alcalde de Mos, Xosé Manuel Martínez Ojea. Os socialistas se mantiveron en moi segundo plano, somentes representados polos concelleiros do municipio.
A lectura dun manifesto con seis puntos críticos coa forma de levar a cabo esta moción de censura, constituiu á guinda a unha concentración que resultou un tanto fría. Efectivamente, se repartiron panfletos con consignas e tamén se escoitaron cacerolas, pero o personal non amosou moito ánimo para facer barullo. Representantes da plataforma anunciaron unha nova convocatoria para o vindeiro venres 29 ás 20:00h no mesmo lugar.
0 comentarios:
Publicar un comentario