Xa foi. O centro e a dereita porriñesa certifican a súa reunificación tras seis anos de pelexa. Este acontecemento viuse precipitado a ano e medio das próximas eleccións debido á debilidade do goberno. O alcalde nacionalista Raúl Francés terá que explicar porqué non deu o brazo a torcer ante os ex socios de goberno na anterior lexislatura, os socialistas, pois un goberno de oito concelleiros seguramente daría unha estabilidade suficiente para non ter que sair deste xeito da alcaldía.
O desgaste de Francés, cuxos principais baluartes de xestión son as humanizacións do centro e o saneamento nas parroquias, pero con grandes incertidumes verbo da situación financeira do concello e os efectos colaterais das citadas humanizacións en termos do tráfico rodado ou agravios comparativos con outros barrios en degradación; podese marchar coa cabeza alta pois non parece haber actuado nunca con falta de honestidade.
O próximo alcalde será Nelson Santos Argibay. Miraremos con que tino efectúa os necesarios pasos de equilibrista para manter armonizado un goberno de tribus que, a pesares de sumar maioría absoluta con nove concelleiros, veñen de presentar opcións totalmente antagónicas e basadas en enfrontamentos persoais. Sorte, pois de non tela sería malo para un concello que dende este blog amamos pero todavía non admiramos.
0 comentarios:
Publicar un comentario