Acaba de sair unha nova acerca do modelo de suvbencións ós servizos que oferta Renfe en Galicia, máis a perspectiva que ten a operadora para cando se abra o mercado á competencia. Segun parece ser, a maioría das liñas están suvbencionadas por ser estas deficitarias, ou dito doutro xeito, se non o estivesen Renfe non prestaría estes servizos.
Existe un interese social para que a xente use o transporte público. Disminución da conxestión nas estradas, reducción de accidentes nas mesmas, menor consumo de combustibles e reducción da contaminación, dar servizo a capas da sociedade que non dispoñen de transporte alternativo..., ademáis de que en moitos casos poida ser un medio máis rápido e cómodo.
Todos eses beneficios somentes se conseguen se os diferentes servizos captan un número de ususarios elevado, pero moitas veces non resulta atractivo e a xente non usa o transporte colectivo. Un exemplo o supón a liña Vigo-Ourense con tres conexións diarias, máis de dúas horas de viaxe e un custe do billete que supera o gasto en combustible pola autovía.
Este tipo de servizos que non son ni máis rápidos nin máis cómodos que a estrada, lle supoñen a Renfe un negocio pola vía das suvbencións, sen conseguires este sistema aqueles beneficios antes mencionados.
Paréceme ben suvbencionar, sempre e cando se demostre que a compañía se esforza por captar usuarios, cousa que non sucede. Se non podes competir en tempo, podes facelo en custe e frecuencias. Neste caso, se vendendo por baixo do custe medio acaparas un nivel elevado de usuarios, pois vale, doutro xeito o mellor seria non gastar os cartos de todos. E lembremos que o custe medio depende en gran medida do propio número de usuarios.

0 comentarios:
Publicar un comentario