Expedientes X e tal

Temos un virus metido entre os nosos cartos. Chámase deputacións. Nada máis que serven para dar emprego aqueles "políticos amigos" hasta que poidan estar en condicións de volver asaltar o poder municipal. Bueno, tamén sirven para manexar un inxente presuposto público de gastos e inversións pola provincia adiante, pero sen sanción directa dos electores e sen responsabilidade recaudadora ante estes. Pensade en Louzán. ¿Que eleccións gañou este para ter semellante cargo político e durante tanto tempo? Ningunha, porque as deputacións son coma eses pisos escondidos das películas, entre o primeiro e o segundo, ó que só se accede por ascensor e cun código secreto.

¡Quen lle mandaría ó PP meterse en fregados de pactos antitransfugismo! Do contrario todo sería máis doado. Aforraríanos o paripé dos expedientes disciplinarios e certas ausencias forzadas en determinadas festas sen sentido. ¿Que carallo se festexa en medio dunha lexislatura? A clase política está cada vez máis degradada. Poder, poder e poder. Sillón, sillón e sillón. Tanto Xan coma Perillán.

Louzán promovió el pacto con el tránsfuga de Mos a espaldas de Feijóo

Según informa el diario El País en su edición de Galicia, la moción se llevó merced a la actuación del Presidente de la Diputación de Pontevedra y del PP provincial, Rafael Louzán. Gracias a su relación con la ahora alcaldesa, Nidia Arévalo se fraguó esta operación. Después de una serie de entrevistas con Gerardo Alonso y tras ofrecerle una serie de contraprestaciones. Las fuentes consultadas por el diario apuntan a Chema Figueroa como el intermediario.

Noticia Completa


Dos días de fiesta para celebrar la alcaldía

Después de todo el espectáculo que tuvo su culminación en el salon de actos del CDL donde se celebraban los plenos, vino la fiesta. En un céntrico hotel de la ciudad olívica en otro salón de actos se festejó con entusiasmo la actuación, sin representantes del PP provincial, que al apostre sí estuvieron en la cena del día siguiente en las bodegas Laval. Mientras el PP gallego desautorizaba la maniobra, el segundo de abordo de Louzán, Figueroa, brindaba mientras la justificaba ya que el PP sólo se había quedado a 90 votos de la mayoría absoluta.

Noticia Completa

No money, no works.

Porriño sigue avanzando. Ese sería un titular que podría adornar el cartel de estas obras de humanización. El caso es que a pesar de hacerlo, vamos muy por debajo del nivel de mejora que se le debe exigir a un ayuntamiento que genera semejante actividad industrial.

Está muy claro que se heredó una situación económico-financiera desastrosa, pero eso ya fue en 2003, hubo tiempo suficiente para sino subsanar, corregir los déficits de ingresos por partidas impositivas. La no revisión (por omisión del responsable, el alcalde) de la actualización catastral que data de 1987 es una pequeña muestra. Luego pasará lo que en Cangas, llegará un momento en el que haya que hacerla y los incrementos serán bestiales, derivados de su no actualización durante (por lo de ahora) 21 años.

Pero sin duda alguna, lo más preocupante y flagrante es la actitud hacia las canteras, que a pesar de mover unas cifras de negocio y beneficios enormes, las tasas que dejan en el consistorio por la explotación de esos terrenos (que aun siguen en litigio) son irrisorias, y por las informaciones que disponemos son inferiores a 1€ por m2 de explotación.

Con actitudes como estas queda claro que Porriño necesitará mucho tiempo para recuperarse, y más aun para seguir llevando a cabo proyectos para la ciudadanía que de haber adecuado estas tasas hoy serían muchas más las actuaciones tanto en marcha como ya ejecutadas. Y sí , ahora estamos en crisis y a nadie le gusta hablar de impuestos, pero en 2003? y en 2004? y en 2005? y en 2006? y en 2007?

Reforma y humanización parcial de la calle Antonio Palacios

El ayuntamiento de Porriño afrontará en breve una reforma parcial de la calle Antonio Palacios, en concreto el tramo más céntrico de la misma, desde la rotonda con Avenida de Galicia y Domingo Bueno hasta el cruce con el Parque Gonzalo Ordoñez (popularmente "El Canónico"). Según se informa en el Diario Oficial de la Provincia de Pontevedra, las obras han sido adjudicadas a la empresa Contrucciones, Obras e Viais S. A. (COVSA); con un presupuesto de licitación ascendiente a 343.869,65 Euros (IVA incluído) y un plazo de ejecución de 75 días. La puesta en marcha de los trabajos es para comienzos de año.

Mayne e as aspiracións da nosa vila.

Xa foron presentadas, nunha rolda de prensa, as principais ideas que o arquitecto Thom Mayne ten para a futura estación de ferrocaril e autobús viguesa. O máis salientable é o concepto de espazo central e de transformación na vida diaria dos vigueses a que aspira tal obra. ¿Que ten que ver isto coa nosa comarca ou máis en concreto coa vila do Porriño? Como sabedes hai dúas ansiadas obras, estratéxicas para o desenrolo do entramado urbano, estas son a conexión directa entre o centro e o núcleo de Torneiros e a eliminación do paso a nivel.

Ambalas dúas están directamente relacionadas coa salida sur do tren de alta velocidade ata Oporto. Non escribo estas liñas para pedir que se aproveite tal conexión para mover o paso a nivel pois xa foi anteproxectado no seu momento nas páxinas do BOE, o que supón ser unha obra pendente de licitación e de execución. A idea da eliminación do paso a nivel vai ligada nun mesmo proxecto (xestionado no seu momento pola agrupación socialista local) coa conexión directa con Torneiros e a construcción dunha estación de autobuses xunto a nova estación de ferrocaril.

Estes proxectos sonan a ficción, sobre todo tendo en conta como funciona o tema dos prazos e as partidas presupostarias por estes lares, sen embargo resulta indispensable que nos vaiamos facendo a idea do Porriño que nos agarda nun futuro non moi lonxano. Non queremos sumisións a un partido político ou a outro, temos que concienciarnos como pobo do que necesitamos para ser algo máis que o polígono industrial de media provincia. Debemos estar todos e todas preparados para esixir a quen se lle teña que esixir que nos tamén queremos transformar esta vila, e queremos comenzar a facelo canto antes.

Renovarse ou morrer

Aplicando esa máxima tan coñecida, aproveitamos para darlle un pequeno pulo a imaxe corporativa do noso blog, ainda estamos en fase de probas. Agardamos ir engadindo novas funcións para permitir a vosa participación e coma sempre estaremos encantados de recibir os vosos comentarios.

Non queremos deixar pasar esta ocasión para desexarvos a todos unhas felices festas e un próspero 2009!

Sondaxe : O plan de reactivación para os municipios

Como xa se falou no seu momento, os concellos van a recibir unha importante cantidade de cartos procedentes do estado e co obxectivo de por en marcha iniciativas que estimulen a creación de emprego e a obra pública. Quixemos ir máis aló das directrices marcadas polo plan estipulado, quixemos preguntarvos que opinades acerca dos posibles usos dun recurso extra nas arcas municipais, considerando diferentes alternativas.

O máis salientable do noso humilde sondeo é que ó considerar a mellor alternativa, a maioría se decanta polas axudas directas ás familias e empresas. Isto representa unha postura máis progresista, máis esixente que a tradicional dedicación dos cartos á realización de obras, as cales xa poderían estar cubertas có presuposto ordinario. Agora ben, no canto de ter que elexir unha obra prioritaria non nos poñemos dacordo, non hai unha aposta maioritaria nin conservadora (por exemplo, arranxo de estradas) nin algo máis avanzada (por exemplo lanzarse a construcción dun auditorio).

Gustaríanos sinalar que tódalas alternativas contempladas son factibles baixo o presuposto de case tres millóns de Euros, ademáis a estación de autobuses non a consideramos como unha alternativa debido a que esta xa está pendente da nova estación de tren cando se faga a variante ferroviaria.

¿Rematou o circo?

Foi algo máis de un mes o que durou a actuación, o guión estaba redactado dende tempo atrás seguramente, e o final todos o coñecíamos cando se deu o primeiro paso. Todos sabíamos que Nidia finalmente acabaría alzando o bastón de mando do concello mosense. E como sempre que non o conseguen nas urnas, so poden agardar a este tipo de acontecementos para asaltar o sillón.

Alá polo 2007 cando o PP se queda a 90 votos da maioría absoluta e véndose na oposición (xa que non saben chegar ó goberno doutro xeito) comezan a dicir que a forza máis votada é a que debe gobernar… pero imos ver! ¿Quén representa maior numero de veciños? ¿4.646 votos ou 4.133? Pois iso. Dada a sua incapacidade de chegar a pactos cos partidos teñen que estar coma buitres para ver se hai algunha escisións ó longo da lexislatura no equipo de goberno.

Tras moitas semanas de sufrimento na bancada da oposición por fin puideron chegar ó goberno da man dun tránsfuga, e mediante un pleno de circo a mais non poder, e saír en furgóns da guardia civil. E digamos que esas imaxes non lle fan ben ningún á xa deteriorada opinión que o cidadán ten dos políticos. Pois deixémonos de monsergas, esa faciana tan radiante coa que se retrataba Nidia co seu bastón durante un bo rato non era unha demostración palpable que a súa preocupación real son os veciños, hai que ter máis humildade e menos afán de protagonismo, pero cando logo sabes que houbo festa rachada nun hotel vigués ata ben entrada a madrugada danche gañas de chegar o seu despacho ó luns, si e que a resaca lle permite ir, e preguntarlle si a seriedade que eles tanto prometen se basea neste tipo de espectáculos circenses.

A resaca da moción

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

MOCIÓN, MOCIÓN, MOCIÓN...

Sendo claros e dende unha perspectiva demócratica. Sexa o sistema electoral con listas abertas ou con listas cerradas. Un edil é, por dereito e traballo propio, dono da súa acta; pero tamén accedeu a tal posto como membro dunhas siglas. Neste blog quedou clara a nosa aposta pola independencia. Tamén pola democracia interna nos partidos, ó mesmo tempo que temos expresado as nosas reservas verbo do funcionamento do goberno socialista mosense. Aplaudimos a diverxencia, se esta parte coa conciencia tranquila. Pero o grupo popular do concello de Mos..., xa sabedes o que di o refrán, río revolto gañancia de pescadores. O PP somentes ten dúas formas de governar na meirande parte de España, ou coa maioría absoluta, ou cunha censura coma a de onte. Mal asunto. Independentemente de partidismos, de preferencias, de que che guste máis o vermello ou o azulón; ¿Alguén, no seu sano xuízo, pode negar que a nova alcaldesa Nidia Alonso vai a governar cunha parte dos votos que lexítimamente lle corresponden ó partido socialista? Non.

El PP, la publicidad y ETA

Las últimas semanas han sido especialmente gratificantes para todos los demócratas por las múltiples detenciones practicadas de destacados miembros de ETA. La colaboración entre las fuerzas de seguridad españolas y francesas han dado sus frutos, y concretamente cabe destacar el desmantelamiento de los miembros de la cúpula por tercera vez en lo que va de año.

Entiendo que estas deberían ser las noticias que mayor difusión deberían recibir asociadas a esta banda criminal, pero desgraciadamente, en lo que llevamos de legislatura socialista, los etarras han recibido cientos de minutos de publicidad en los medios por parte del PP, ese que siempre defiende la firmeza contra la banda, pero que precisamente nunca quiso quitar del debate político, hoy ha vuelto a hacer lo mismo, a dejar caer sospechas sobre el gobierno central y su trato hacia ETA o su entorno.

Esta vez el tema lo saca a la palestra la huidiza presidenta de la Comunidad de Madrid, Esperanza Aguirre, afirmando básicamente que el gobierno le dará a ANV 43 millones de euros para financiar a ETA. Dicho así habrá ya muchos que antes de pensar, estarán casi empuñando la famosa pancarta de 'zETAp' que tanto han paseado por tantas manifestaciones.

El caso es que esos millones no son para ANV obviamente, si no para los ayuntamientos y por tanto habitantes del País Vasco que tienen a esta formación por dirigentes en el marco del Plan de Reactivación de la Economía aprobado hace no muchos días (y seguirán diciendo que el gobierno no hace nada) y por que tambien Porriño, y no el BNG recibirán 3 millones de euros, Mos y no el PP recibirán 2,6 millones de euros...

Me parece jugar con lo de siempre, con el miedo, con el terrorismo y la supuesta ignorancia de la gente. Es sencillamente de una irresponsabilidad enorme seguir jugando con temas de terrorismo tan alegremente.

Únanse para echar a ANV de los gobiernos municipales y déjense de publicitar a ETA!

¡Qué pesados os da UE!

Mira que non paran, a este paso imos pensar que choven os cartos en Bruselas. A pesares da manifesta torpeza á hora de administrar as subvencións que fomos recibindo en Galicia nos últimos 20 anos, eles seguen "erre que erre", a ver se por fin aprendemos a utilizalas. Agora nos queren axudar a construir o novo enlace ferroviario con Portugal. Aínda así, seica aprenderon porque estes cartos irían destinados a sufragar o coste de obra, non tódolos gastos técnicos e administrativos previos a materialización dun proxecto. Deste xeito igual nos poñemos as pilas e temos, antes de tempo, doble liña ferroviaria con ancho internacional e válida para "conboios" de alta velocidade. Outra cousa será que acabe collendo óxido o ferro..., porque do mesmo xeito que os centros de interpretación se fan para interpretar, as liñas de ferrocarril se fan para poñer servizo, e vendo o pouco servizo que se oferta nas actuais pois xa me contaredes.

Bruselas asignará este mes 244 millones para el AVE Galicia-Portugal

LA VOZ DE GALICIA
INFRAESTRUCTURAS

Bruselas asignará este mes 244 millones para el AVE Galicia-Portugal

La decisión obligará a Madrid y a Lisboa a iniciar las obras entre Vigo y Ponte da Lima antes de dos años.

Onde colle un, collen dous

Os que acudiron ás urnas nos comicios locais do ano pasado en Mos puideron comprobar que no número 1 da candidatura socialista figuraba o nome da (polo de agora) actual alcaldesa, pero os que votaron a esta formación para dirixir o consistorio mosense os vindeiros 4 anos non sabían que non sería ela quen gobernase, tampouco os que ían debaixo súa na lista, el nin aparecía coma suplente nela. Digamos que ela cobraría a súa adicación exclusiva con cargo ó concello, pero é un segredo a voces en Mos que quen mandaba realmente era alguén sen cargo algún pero que dende o anonimato manexaba os fíos do concello con Mª Jesús coma marioneta.

Encargouse de facer e desfacer á súa vontade, chegando a favorecer incluso situacións lonxe da lei, e a quen ousara denunciar a irregularidade, automaticamente el ou incluso a súa familia converteríase en vítima do seu poder fáctico neste concello. Esta situación privilexiada de mandar sen dar a cara debe provocar unha sensación de certa impunidade, claro está que as responsabilidades que puideran derivarse pagaríaas a inxenua alcaldesa, que era a que as permitía e firmaba, e que nunca puxo peros ós caprichos de este personaxe.

Ademais do concello tamén tiveron protagonismo no propio partido conseguindo que os socialistas de sempre de Mos, xa non estean na sede, senón nos seus traballos ou nas súas casas.

Outro dos principais prexudicados de estas andainas foi Gerardo Alonso, o que ningunearon e enganaron en non poucas ocasións. E de aqueles polvos estes lamazais… un concelleiro que acabou pasándose á oposición farto do paripé, do engano e dos contos de estes dous.

Agora Chus vai facendo mitins polas parroquias, non sei se pedíndolle ó santo de turno unha milagre ou pregoando a apocalipse e xurando en arameo contra o díscolo concelleiro. Tamén irá dicindo que el foi o que está enganando ós votantes de Mos, que pediron un goberno progresista. Pero a primeira en enganar ós votantes foi precisamente ela, deixando o timón dun concello en alguén que nin sequera ía na lista e polo tanto non obtivo ningún voto.

O caso e que, coma ben di outro refrán, o tempo pon a cada un no seu lugar, e probablemente a partires deste venres só mandaredes nas vosas casas, como debe ser.

Peche de sondaxes: O estado do centro de interpretación das Gándaras


Encantados estamos coa movida provocada polo tratado neste blog acerca das responsabilidades no estado de abandono do edificio sufragado, en gran parte, pola UE. A propia UE resulta danmificada polos nosos lectores. ¿Acaso deben presupoñer ata tal punto onde meten os cartos? Somos conscientes da movida creada en foros coma o da Nova Culebra. Fantástico. Aínda así cremos que especificar unha culpabilidade para políticos sen responsabilidade directa non sería moi riguroso. En calqueira caso o apartado de "outros" somentes recibiu un apoio. Resultado abrumador, culpable o alcalde Raúl Francés; ou se queredes, o máximo responsable da concellería de medio ambiente e do goberno encargado de recibir o resultado das obras.

Peche de sondaxes : A moción de censura en Mos


Achégase o día 12. Os partícipes deste blog quixemos saber que opinades acerca do que, a priori, vai suceder no concello da parte alta da Louriña. Esperábamos máis participación tendo en conta o ritmo de visitantes, o morbo que teñen estes temas e os votos da anterior sondaxe. Aínda así, toda participación é satisfactoria. Os 15 votos recollidos parecen mostrar unha división de opinións. Por dous votos gañou a censura á outra censura.

O edil mosense Gerardo Alonso estivo este mediodía na redacción de La Voz de Galicia contestando algunhas preguntas feitas por internautas. O ex concelleiro do PSOE opina que non está a traicionar o seu compromiso cos votantes, a pesares de presentar unha moción de censura co PP, debido a que o seu traballo feito como concelleiro e o programa electoral comprometido non corren ningún tipo de perigo.


http://www.lavozdegalicia.es/SSEE/encuentros/encuentro.jsp?ID=01111228470839130669197

Reactivémonos todos.

Despois de despilafarrar non sei cantos millóns de Euros por Galicia adiante con cartos procedentes da Unión Europea, agora esta institución ofrece a posibilidade de dotar axudas á determinados sectores afectados pola crise. Curioso, pero o plan sondeado neste blog, ofrecido polo estado español ós municipios non contempla nen a filosofía da axuda directa a empresas, nen a filosofía da promoción laboral e empresarial. Tres millóns de Euros, si señor, que se van a gastar en obras que xa deberían estar cubertas polos propios concellos, ou polas deputacións, ou pola Xunta.

A parte positiva é que son obras, e polo tanto (amores diría o refrán) crean emprego. Estou dacordo en que o sector público se poña as pilas cando hai moita xente en disposición laboral, o que é triste é que nos acordemos en tempos de crise e paro, por exemplo, que hai que destinar recursos para limpar os montes no inverno, son detalles que nos fan reflexionar acerca da necesidade dunha pequena crise para que nos volvamos centrar nas necesidades. Eu simplemente apunto: nada menos que tres millóns de Euros dotados ex profeso polo estado ós concellos que servirán para non rematar, en pleno século XXI, o saneamento das parroquias e o empichado das carreteiras que a estas nos levan. Esa é a nosa verdadeira crise, a das cousas pendentes a estas alturas da historia.

La UE, a pesar de como nos las gastamos aquí.

LA VOZ DE GALICIA
EDICIÓN DIGITAL

La UE paga 10,4 millones para recolocar a los trabajadores de Delphi

Las ayudas podrían alcanzar también al sector automovilístico gallego.



Alquitranadores men.

Cuando de trata de etiquetas, de reivindicaciones para que Vigo no sea menos que Santiago y Santiago no sea menos que Sevilla (por ejemplo); todos nos subimos a la pancarta del AVE. Pero cuando de poner soluciones a la congestión se trata, y ponerlas cuanto antes, entonces preparamos la alquitranadora. Es un comportamiento que se explica por dos razones. La primera que el transporte público actualmente es caro y el vehículo privado sigue siendo la alternativa más competitiva. La segunda que nos gusta coger el coche hasta para ir al servicio. Pero cuando de solucionar la congestión se trata, nadie se imagina un tren regional haciendo el trayecto Vigo-Coruña con velocidades cercanas a los 200 km/h. Eso será posible.

Bueno, los de RENFE, que sabiendo como se las gastan son capaces obligarnos a pedir un préstamo personal para usar el servicio. Bromas aparte, la política de precios de RENFE se puede cambiar, ya sea por presión de la sociedad si nos ponemos las pilas, o ya sea por abrir las puertas a la competencia en el sector de los ferrocarriles. Hace un par de años, cuando RENFE aumentó el servicio entre Vigo y Pontevedra, se observó un incremento muy notable de viajeros (por supuesto el precio no bajó, aunque esto da buena muestra de la potencialidad de este servicio), poniendo en duda el típico argumento subvencionista de los servicos deficitarios.

¿Cuántos coches se podría ahorrar el bello puente de Rande?

La clave reside en el hecho de que la congestión SOLO se solucionará desde una perspectiva intermodal. Y en mi humilde opinión, me parece una absoluta tontería (si es cierto lo del 2012) realizar el esfuerzo de construir una autovía por donde ya discurren una carretera nacional y otra vía de alta capacidad. Soy más partidario de hacer autovías en donde si las necesitan porque no las tienen. Pero venga, cuando aparezca una nueva cola de tráfico en Rande seguiremos con la cantinela de la nueva autovía. ¿Presionar para que todo el esfuerzo inversor garantize que en Enero de 2012 usted tenga un servicio de trenes rápido, barato, que alivie el tráfico y la polución; y que además sea competitivo? No hombre no, lo de los trenes solo sirve para decir que Vigo ya tiene AVE, como Sevilla y Barcelona.

Tu peor negocio de este siglo

Agora que estamos en pleno debate da ampliación da ponte de Rande, e da venta do grupo Itinere a Citigroup por parte de Sacyr, Lois Blanco fixo un artigo de opinión moi interesante sobre a historia da AP-9, do seu futuro e a hipoteca que nos deixou o anterior goberno do PP a tódolos galegos.


Tu peor negocio de este siglo (Lois Blanco)



Sobre o tal plan de reactivación

Se finalmente o concello se pon as pilas, non se durme nos laureis e consegue esa axuda monetaria; debería hilar fino á hora de planificar o que vai facer con eses cartos. O plan do goberno nacional é claro, trátase dunha liña de transferencias ós concellos co obxetivo de reactiva-la economía. ¿Como se fai isto? Pois fomentando a obra pública e, a través desta, o emprego. Calqueira outro destino destes fondos (a non ser que ós concellos tamén lles de polas transferencias ás familias, circunstancia que non creo que se recolla nas especificacións deste plan) por moi beneficioso que sexa non terá cumplida a finalidade de "reactivación" comentada. Entón a clave é xerar emprego.

Pero non nos confundamos. Non é tempo de dar cumprida aquela vella frase de "contratar a un tipo para cavar un aguxeiro e cotratar a outro para tapar ese mesmo aguxeiro". Temos un serio problema de escasede de recursos nos concellos e de despilfarro do gasto público. Polo tanto os gobernos deberán, como xa apuntei, hilar fino para encontrar ese equilibrio entre ocupar o maior número de desempregados posibles e non invertir os cartos en cavar nunha rocha para volver a botarlle cemento enrriba.

A PENEIRA DA LOURIÑAAñadir imagenEDICION DIXITAL

Vaqueiro anuncia que Porriño disporá de case 3 millóns de euros do Plan de Reactivación da Economía para facer inversións.


O PSOE de Porriño anuncia que pedirá no pleno que estes fondos sexan destinados a inversións para a mellora das infraestructuras de comunicación do Concello, o saneamento, a eficiencia enerxética, a recuperación do Faro de Budiño e a dotación de novos espacios culturais e deportivos no monte da Risca

O Secretario Xeral e Voceiro do PSOE de Porriño, Iván Vaqueiro anunciou hoxe que o concello do Porriño, contará con case 3 millóns de euros do recentemente aprobado Fondo de Investimento Municipal extraordinario aprobado polo Consello de Ministros, dentro do Plan de Reactivación da Economía, aprobado polo goberno de España, e que suporá en Galicia 460 millóns de euros aproximadamente, e a creación de 10.000 empregos. Estes fondos, que se asignan por número de habitantes de cada Concello, supón unha inversión de 177 euros por habitante.

Segundo os socialistas, este Fondo representa unha gran noticia para Porriño, porque supón unha importante inxección económica para o Concello, e a oportunidade de facer fronte a inversións necesarias que de outro xeito non se poderían levar a cabo.

Vaqueiro manifestou que estes Fondos Extraordinarios aprobados polo Goberno de Zapatero, deben representar unha oportunidade de dar un salto nas infrarestructuras municipais, e adiantou que no pleno da Corporación que se celebrará hoxe luns día 1 de Decembro, solicitará ó goberno local un paquete de inversións productivas para aproveitar estes fondos extraordinarios.

Comunicacións, saneamento, eficiencia enerxética, a recuperación do Faro de Budiño e novos espacios culturais e deportivos na Risca.

O PSOE solicitará que estes fondos extraordinarios sexan dirixidos a inversións productivas e a suplir as carencias que ten o municipio, entre as que destacou o saneamento e a rede de auga potable, a mellora das estradas de titularidade municipal, a aposta pola eficiencia enerxética, e a dotación de un espacio para actividades municipais, un novo Auditorio.