Os "Frikis": A dereita porriñesa e a moción de censura


Se imos á wikipedia podemos atopar unha definición do termo "friki" que podería ser ben empregado ó referirse á dereita porriñesa á vista da súa actuación na actual lexislatura municipal.


Friki o friqui (do inglés freak, extrano, extravagante, estrafalario, fanático), é un termo coloquial, pexorativo nalgúns casos, usado para referirse ó individuo de apariencia ou comportamento inusual, que se amosa interesado ou obsesionado nun tema específico do que se considera fanático.


Deste modo, falamos ben cando dicimos que a dereita porriñesa leva 6 anos facendo o "friki" na Corporación Municipal. N0 2003, cando o PP perde o goberno local, que pasa a mans do BNG e do PSdeG, comeza unha época de frikismo entre PP e IdeP sobre a moción de censura que non chegou a consolidar. Pero a fragmentación da dereita en tres partidos, tras as municipais do 2007, acentuou este frikismo cos moitos anuncios de negociacións inconclusas que remataron coa devacle da dereita na moción de confianza de 2008, e neste novo intento de censurar ó goberno local.


Se xa un ten que rebuscar na historiografía política para atopar casos nos que un goberno sobreviva a unha moción de confianza (ou de kamikaze, como se a soe chamar), quedar de novo "esparramados" na mesma lexislatura non é só difícil, senon digno dunha novela do Marqués de Sade.


O que sí lle otorgamos valía é ó partido de Nelson Santos. Non só conseguiu poñer a Rafael Louzán e a Manuel Carrera ós seus pes, o primeiro tirandose á piscina fai semana e media anunciando a moción antes de fin de ano, e ó segundo, facendolle renegar da súa condición de segundo partido, senon que agora parece que os volverá a deixar humillados ó non apoiar este novo intento de moción.


Pero a peor parte a leva Gonzalo Ordóñez, quen trocou o seu posicionamento para ofrecer o seu apoio ó seu archienemigo Santos, dando a entender que o apoiaría para a alcaldía se o PP llo pedise.


Os rumores que nos chegan falan de que Santos se negaría a encabezar a moción ó esixir a Louzán , ademáis de a Alcaldía e as áreas principais do goberno, que este o confirmase xa como candidato en 2011, e a facer el exclusivamente a candidatura, na que non participarían nin Carrera nin Ordóñez, algo que superaría a paciencia de estes últimos.


Ordóñez e Carrera quedan así totalmente desautorizados para liderar a dereita, mentres todo o mundo se pregunta a qué xoga Nelson Santos con estas manobras de distracción, mentres o electorado da dereita bota fume polo espectáculo bochornoso que están a dar, para gran satisfacción de BNG e en menor medida, PSdeG, que manteñen as súas opcións de futuro, seguramente reforzadas por parte do electorado de PP, CxP e IdeP, indignado por estes cambalaches políticos.


E cal será o resultado. En 2011 parece claro que nin Carrera nin Ordóñez estarán na parrilla de saida, pero dende a nosa humilde opinión, si Santos, probablemente incluso encabezando o PP. Louzán terá que arrodillarse ante Santos porque sabe que necesita os seus votos para poder gobernar, ou cando menos, sacar un concelleiro máis que o BNG para se non existe pacto, en segunda volta, ter o goberno en minoría.


En todo caso está por ver que o electorado de CxP sepa entender estes movementos, pois existe moita inquedanza e certo cabreo entre os electores de Santos que non entenden estas xogadas.


O dito, friki o PP por anunciar unha moción sen tela pechada e por humillarse sendo segunda forza. Friki IdeP por apoiar ós que lles traizoaron en 2007 logo de dicir que non o farían. E friki CxP por xogar á "Yenka" catro anos gañandose máis inimigos que amigos sen coñecer a rentabilidade destas operacións no que teñen de reforzo para PSdeG e BNG que se achegan á maioría absoluta na corporación, rematando con anos de dominio da dereita que sempre se gabou de ter maior apoio social.


Visto o visto, non nos extrañaría o que pode pensar o ex-alcalde Barros en Mosende desta desfeita....."A ver carallo!, deixeivos un imperio e ajora andades a tiros. Menuda panda de frikis"

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Cando non ten fundamento, como dí Argiñano a tortilla sae como unha merda e esta non ten nin patacas nin cebola.