E ó séptimo día.... Nidia trouxo a auga

Este goberno eche ben austero, así se promocionou o PP local de Mos cando chegou o goberno -con aquela manobra que todos temos ainda en mente- pois pouco tardaron en amosar de qué pasta están feitos, porque senon non se explican determinadas notas de prensa, explicitando que a rexedora municipal, trouxo de novo a auga a Cela!!.

Por se isto fose pouco, ilustran a nova cunha imaxe certamente esperpéntica, nun desmonte cheo de vexetación e descoidado á beira dunha estrada fixeron tal obra de cantería digna de Ramsés II, iso sí cunhas ideais letras metálicas rezando que o que aquí descansa é 'Concello de Mos' -ou máis ben os seus cartos-, o tema e que para facer algo funcional e máis axeitado probablemente farían falla a cuarta parte dos cartos dilapidados ahí.

A importante obra foi inaugurada co párroco de Cela, entre moito simpatizante e veciño, de non seren porque as imaxes non son en branco e negro e relatadas coa inconfundible voz do NO-DO, pensaría que estabamos noutra época.

Gracias Nidia por traernos a auga a Mos!



2 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha vez máis, podemos ver coo Nidia, dende que baixou dos ceos, viu a darnos vida e auga!!!

Nidia, canto custou esta aberración?????

Anónimo dijo...

¿Queríades que fose viño?¿non?

Nunca estades contentos e non vos gustan as obras faraónicas. Sodes uns lacazáns.


Xeiteiro