Como saberedes nestas datas conmemórase o trinta aniversario das primeiras eleccións municipais baixo o amparo da Constitución Española. Son trinta anos experimentando coa máis cercana e directa representatividade política. Trinta anos levando unha de cal e outra de area en tereos coma o urbanismo, o medio ambiente, as finanzas, o abastecemento e o saneamento, o transporte público, a promoción do emprego e a industria ou infraestructuras de comunicación entre outros.
A día de hoxe son, por exemplo, moitísimas as parroquias galegas que non teñen tódolos seus lugares cubertos polo saneamento municipal, a meirande parte dos concellos españois están endebedados ata as cellas, namentres que os plans de urbanismo somentes constituen un pastel a repartires entre os constructores co único incentivo de ingresar polo imposto sobre licenzas de obras.
Os responsables políticos din que os concellos necesitan máis financiación, por iso vense falando nos últimos tempos da segunda descentralización administrativa do estado español, a favor dos concellos. Nembargantes eu discrepo. Aquí hay un problema de talla política e de capacidade de xestión. Seguramente habería que repensar o modelo de xestión dun concello, as súas fontes de financiamento, as súas competencias e, dende logo, un novo panorama de profesionalización nas labores xestoras e técnicas.
0 comentarios:
Publicar un comentario