Os luns ó sol

Dende hai uns cantos meses o concello do Porriño desapareceu do mapa. E non falamos do de google precisamente, referímonos ó mapa informativo, non hai sinais de vida do goberno local, de feito últimamente nin plenos houbo. A cousa anda tan parca que si, chegamos ó punto de non facer uso do poder lexislativo. Nin tan sequera a dereita que soe tardar o que duran dúas comidas en facer as paces parece que nos poida evitar unha parálise polo de agora.

No concello de Mos andan cos ánimos máis quente debido a entrada dun novo goberno, pero máis aló das intencións mediáticas, do metro e das arquetas; pouca cousa que comentar. De non ser polos fondos estatais, os cales se están empregando para cubrir inversións que xa se deberían de facer cós recursos ordinarios, de non ser por estes fondos non teríamos prácticamente de que falar. Máis alá de folletos, metros e feriadas varias, claro está.

Por iso que pedimos comprensión os nosos lectores ante a escasa actividade informativa ou opináctica que o equipo redactor do blog está amosando últimamente. Un sublime bostezo, ese podería ser o estado actual do Progrelo, esperemos que cambie pronto o tema.




0 comentarios: