Existe unha cousa que me chama rabiosamente a atención. O principal instrumento da nosa democracia, o partido político, non é precisamente un exemplo de funcionamento democrático. Comités federados, executivas nacionais, baróns rexionais, sempiternos caziques deputacionais, delegación de voto ou designación a dedo.
O caso que está a vivir o PSdeG nestes intres é un bo exemplo deste desaguisado. Cada agrupación municipal debe elexir un determinado número de delegados, número que vai en función dos afiliados que sume tal agrupación, estes votarán logo nun supercongreso ou pola supercandidatura dos que teñen o poder no partido, ou por calqueira medianía que se preste a facerlle frente.
¿Non sería máis sano, máis sinxelo e máis representativo que cada afiliado representase un voto persoal e intransferible? Unhas primarias, a eso me refiro. Se hai unha, ou dúas correntes alternativas á dirección actual, pois que se presenten en convocatoria e a votar en furna. ¿Tan complicado é? Porque precisamente iso é o que se fai cando eliximos ós nosos representantes nunha democracia de verdade.
0 comentarios:
Publicar un comentario