Os peritos e enxeñeiros galegos, a través do seu órgano colexiado, acaban de solicitar ó flamante presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, que atenda a súa demanda no tema da variante do AVE entre Vigo e Ourense. O traballo feito, xa fai algún tempo, polo enxeñeiro Xosé Carlos Fernandez Diaz acerca da maior conveniencia de construir unha liña por Mondariz en troques da que se ten pensada por Cercedo ó norte da cidade de Pontevedra supón o sustento desta petición.
A diferencia fundamental entre as dúas alternativas consiste en que a manexada polo Ministerio de Fomento resulta menos custosa porque aproveita unha parte dos xa proxectados tramos do eixo atlántico e do eixo Santiago-Ourense. Nembargantes as prestacións da nova alternativa superan enormemente aquela opción e, tendo en conta que o impacto ambiental sería similar nos dous proxectos, sería máis beneficioso invertir un 16% máis na construcción da liña por Mondariz.
Pola súa banda o sindicato UXT de Vigo, moi activo en temas relacionados coas comunicacións, xa se posicionou a favor da variante de Cercedo debido a que esta posibilitará, según din eles, unha maior frecuencia de trens para a cidade olívica aunque a liña implique facer máis quilómetros, menor velocidade e polo tanto ter un servicio con menos prestacións.

0 comentarios:
Publicar un comentario