Este venres ás 19:00 na asociación de veciños de San Salvador na parroquia de Torneiros celebrarase unha conferencia da plataforma "Salva o Tren". No acto se ten previsto falar do futuro tren de cercanías, futuro posible e propostas da propia plataforma, no tocante ó tren de cercanías para o sur de Vigo. A plataforma "Salva o Tren" naceu con motivo da construcción da rede de alta velocidade entre Vigo-Santiago-A Coruña e as súas consecuencias para as estacións pequenas ó quedar algúns tramos da vía vella inutilizados.
4 comentarios:
Magnifica charla e moi esclarecedora, pois ali se verificou por un tecnico que os trens de mercancias non poden ir polas liñas do AVE, dado que as vias do AVE teñen un ancho menor cas do eixos dos trens de mercancias, cercanias...Todo isto é para explicar que ainda que poñan o AVE o paso a nivel seguramente non sexa eliminado, pola necesidade de que pasen os trenes de mercancias que van o poligono. A charla foi moi explicativa e fructifera. A ver si empezamos a coller conciencia e non nos tragamos as tonterias que nos din os politicos e os medios de comunicacion diarios, que parece ser traballan a favor do sistema. Un saudo
En calqueira caso o futuro do transporte de mercadorías, a implantación dun servizo de cercanías e a variante do paso a nivel son cuestións que requiren vontade política e cidadá. A chegada do tren de alta velocidade é un progreso social que para nada incompatibiliza estas. Tempo o tempo.
O TAV VIGO-OPORTO é un AVE mixto, non un AVE como o Madrid-Sevilla, polo que se preveía poder combinar na mesma liña, mercancías e pasaxeiros. Por outro lado, o Estudui Informativo xa prevee eliminar o paso a nivel. O que o siga negando é que non está na realidade. Desgraciadamente, a crise e as alegacións que paralizaron o proxecto, poden levar a que este proxecto vaia para anos....
Sexa mixto ou non o sexa, a LAV nunca incompatibiliza a implantación do cercanías na red convencional. Iso é o que lle costa entender a moita xente.
Claro que no caso das mercadorías, ó non ser mixto o eixo Santiago-Madrid requeriría de maiores inversións para solucionar unha saída rápida das mesmas en dirección á meseta ou o norte.
Publicar un comentario