Así as cousas, transcorridos xa case tres meses do novo goberno, hai cousas que van quedando claras neste novo goberno, entre elas, a marxinación crecente que sufren os partidos impulsores da moción, PP e IdeP, que non atopan nin espazo mediatico nin político no novo goberno, e se van desdibuxando ante a apisonadora de Nelson Santos, que acapara todos os focos dun goberno onde manda, dirixe, ordena,...e contrata.
As varias críticas recibidas polo voceiro popular Manuel Carrera, sobre os famosos badéns da Risca, a limpeza sen permiso de Patrimonio da Xunta da Fonte do Cristo, ou o soterramento incomprensible por pouco urxente, da cristaleira que na Peatonal, albergaba os restos dos carrís do Tranvía, o teñen levado a certa desconfianza dos cidadáns ante a súa xestión errática e pouco clara.
Se a isto lle unimos a crecente división que entre el e Nelson Santos, se está a producir, podemos falar xa de certo distanciamento do PP e do Alcalde, algo que quedou patente no último pleno onde trantándose o punto sobre a situación da antiga Graninter, logo de que o alcalde lle negase a palabra ós traballadores, Manuel Carrera pediu que si falasen, ante a sorpresa do alcalde que sufriu as críticas dos mesmos pola súa escasa xestión neste tema.
Pola parte de IdeP (¿siguen sendo partido?), unido ás crecentes renuncias de destacados membros do seu partido e lista electoral ante o que moitos criticaron como traición electoral por apoiar a Nelson Santos, nos atopamos cunha xestión problemática lastrada por decisións pouco informadas legalmente como no caso da Praza de Abastos, ou simplemente, evasión de responsabilidade como no tema da aprobación do Regulamento de Venda Ambulante, algo incomprensible.
Parece que Marcelino Coto estivese en connivencia con aqueles que arrogandose a representatividade dos venderores, se opuxese a regular este sector (algo incomprensible) por interese electoral....
Esto lévanos a derradeira reflexión: Nelson xa conseguiu ante a cidadanía, eclipsar a PP e IdeP, primeira fase para afrontar a súa entronización no PP e a difícil batalla da lista electoral, e como vai combinar as tres candidaturas que firmaron a moción, na que seguramente moitos quedarán fora.
0 comentarios:
Publicar un comentario