Xa sabíamos que entre as prioridades da oposición portuguesa non estaba a de invertir na obra ferroviaria de alta velocidade Vigo-Braga-Porto. A isto súmase agora a dúbida do goberno socialista, quen está pensando desviar fondos europeos que debían ires a liña do norte para ser empregados na conexión Lisboa-Madrid.
Contexto de crise e déficit público elevado fan o caldo de cultivo necesario para priorizar entre gastos. Iso é certo, a caída do PIB implica menor recaudación e maiores necesidades de gasto público corrente para atender ós diferentes programas de prestacións por desemprego. Nembargantes, a inversión é o mellor camiño para chegares en forma cando sexa que chegue a recuperación económica. E se falamos de invertir en transporte mellor.
Actualmente temos dúas autopistas para ires dende Vigo á cidade do Porto, hora e media de cómoda viaxe en coche. Pola súa banda a liña de tren Vigo-Viana-Porto sobrepasa as tres horas de viaxe, nun lento vehículo diesel que nunca supera os 80 km/h e cun número de paradas máis propio dun traxecto de cercanías que dun eficaz servizo internacional. Se non queren adicar os esforzos requeridos nunha liña AV non poden, ó mesmo tempo, ter a cara dura de deixarnos con esta merda de tren.

0 comentarios:
Publicar un comentario