Xa sabíamos que o mercadillo do Porriño era problemático. Despois de anos de intentos de regulalo e de poderes fácticos que actuaban en contra da regulación, agora únese a desbandada de comerciantes ante a iniciativa unilateral do Concello de poñer máis días de feria que os que ata agora existían.
Lembremos que tradicionalmente, os mercadillos celébranse os días 1 e 16 de cada mes, así como todos os martes. Agora o goberno, quere implantar o mercadillo tamén os sabados, e facelo en vez de en San Benito, a carón da Praza de Abastos.
Como non se pode contentar a todos, pasa o que pasa, e moitos vendedores xa anunciaron e cumpliron que non asistirán ó mercadillo en sinal de protesta, e mesmo desafiaron ó Concelleiro de Comercio publicando en prensa (Atlántico e Faro de Vigo) que non queren a Marcelino Coto como interlocutor e que só falarán co Alcalde para solventar este problema grave.
O comercio local comeza a resentirse por estes continuos cambios de postura e dicisións unilaterais do goberno local, que como di o refrán, parece que "nin oe, nin ve, nin mira, nin fala". Así pois, Porriño corre o risco de quedarse sen mercadillo ou de perder a súa calidade coa folga declarada por moitos comerciantes que non queren e non poden soster tantos días de mercadillo no Porriño.
O goberno se atopa ante unha difícil situación: chegar a un consenso sobre os días e o regulamento do mercado, ou a ser responsables da desaparición do tradicional mercadillo do Porriño.
0 comentarios:
Publicar un comentario