Os veciños e veciñas da populosa parroquia de Torneiros terán en pouco tempo unha conexión peonal co centro da vila. Así mesmo os residentes do centro urbán poderán disfrutar dunha verdadeira zona de paseo. Estáse a levar a cabo unha ampliación da senda peonil que no seu día se trazou ó longo do Río Louro, ampliación acompañada cunha mellora dos accesos á mesma dende dous pasos inferiores na autovía A-55, a nivel de igrexa de San Rosendo e do Lourambal.
Según nos fixemos informar está previsto dotar o paseo de varias pontes para cruzar o río a pé ademáis de puntos de luz. Os traballos quedarán rematados coa limpeza das marxes do río e do bosque que rodea a actual senda. Lembremos que a estación depuradora de Guillarei está comezando a funcionar e a recoller os diferentes vertidos residuais da vila, as parroquias e os polígonos industriais.
2 comentarios:
Hola Louriña, penso que estás errado na información. Ese proxecto vaino facer a Confederación Hidrográfica, non o Concello. Eso xa o anunciou o PSOE fai algún tempo, explicando o tema das pontes de madeira.
O concello fará outra parte do paseo fluvial do Louro cunha subvención que xa pedira o BNG.
Si hay un error en la información dime cual es porque nada de lo que comentas contradice la noticia..., en cualquier caso gracias por completa la misma.
Publicar un comentario